As gaitas do 30º aniversario de Festival de Ortigueira roxen desde esta noite
Arranca o festival folk máis esperado de Galicia. As primeiras gaitas da XXX edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira comezarán a soar nesta tarde na praza Isabel II desta pequena localidade do norte da Coruña nos foles da Escola de Gaitas de Ortigueira.
«Lévao dentro. Sínteo» é o lema que a organización escolleu para este trixésimo aniversario, que comezará ás 20.00 horas en presenza do alcalde, Rafael Girón, e as autoridades locai, e do cal xa os falamos fai uns días.
É a apertura oficial ou o disparo de saída a unha cita multitudinaria coa música de raíz declarada Festa de Interese Turístico Internacional que cada xullo, por estas datas, ve como se desbordan as rúas do centro urbano de Santa Marta, con apenas 2.000 veciños, decenas de miles de ‘folkies’ -como son coñecidos os asiduos ao evento- que acampan no piñeiral de Morouzos, xunto á praia, e invaden a zona do porto, onde se sitúa o escenario principal.
Detrás da organización do Festival de Ortigueira, que neste ano celebra o seu 30º aniversario, está o Concello co apoio da Xunta, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e varios patrocinadores privados como Gadis e Coca-Cola.
Este trixésimo festival, de 17 a 20 de xullo, é completamente gratuíto e suma tres noites consecutivas de concertos cunha quincena de grupos nun cartel completísimo en que neste ano brillan The Chieftains, a mítica banda irlandesa, e Milladoiro, o grupo máis emblemático da música galega.