As dúas unidades móbiles de atención diagnóstico-terapéutica do Sergas atópanse xa en Ourense

image_gallery

As dúas unidades móbiles de atención diagnóstico-terapéutico do Servizo Galego de Saúde atópanse xa no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se levarán a cabo as tarefas oportunas para iniciar a súa actividade na segunda semana de setembro correspondendo a un dos escenarios demostradores a desenvolver, como é o de cirurxía maior ambulatoria.

As unidades serán supervisadas en primeiro lugar polo Servizo de Medicina Preventiva da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, O Barco e Verín, e posteriormente polo resto de integrantes do grupo de traballo constituído con este obxectivo, que inclúe persoal de varios servizos cirúrxicos, médicos, de enfermería, de admisión e de servizos xerais. Ademais, darase formación tanto ao persoal sanitario como ao non sanitario implicado na actividade dos puntos de atención móbil, e axustaranse os aspectos de loxística necesarios.

Así, no caso do escenario de cirurxía maior ambulatoria que se desenvolverá no CHUO, os dous puntos de atención estarán unidos por unha pasarela, de xeito que un deles constituirá unha zona de adecuación ao medio e o outro un quirófano completo. Os dous espazos sumarán unha superficie de case 100 m2, que actuará completamente integrada nos quirófanos do complexo hospitalario tanto no que se refire ao persoal -xa que serán os propios profesionais dos quirófanos os que desenvolvan as cirurxías- como o material que se usará, que tamén será o do propio CHUO.

En primeiro lugar, disporanse en paralelo as unidades, farase a conexión entre elas e faranse as primeiras calibracións das instalacións; e posteriormente comezarán as visitas dos profesionais. No mes de outubro, as unidades desprazaranse a dous centros de saúde ourensáns —na Gudiña e Ponte Noalla— onde actuarán de forma separada para probar o resto de escenarios: centro de saúde, probas de atención primaria, cirurxía de atención primaria e formación para pacientes.

Obxectivos do proxecto
Esta iniciativa estase a levar a cabo no marco do convenio Innovasaúde, de colaboración co Ministerio de Economía e Competitividade, financiado con fondos Feder de Innovación, dentro do proxecto denominado Punto de Atención Diagnóstico Terapéutico Móvil.

También te podría gustar...