As catro estacións, no TLO

  • O Teatro Lauro Olmo acolle hoxe venres 25 de novembro as 21:00 h a representación de ‘As catro estacións’ de Antonio Vivaldi, unha produción do Centro Coreográfico Galego
  • Desde a danza, lle achega ao público unha ollada contemporánea desta coñecida composición clásica
  • As entradas (5 euros) poden adquirirse na billeteira do Teatro desde unha hora antes do comezo do espectáculo

as_catro_estacions

 

xlogo_ccgA responsable do Centro Coreográfico, Mercedes Suárez, asumiu a dirección deste espectáculo, con coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall. Co obxectivo de continuar a difundir a danza entre o gran público, nesta ocasión proponse unha recreación da popular obra de Vivaldi para establecer un paralelismo coa paisaxe galega a través das coreografías deseñadas e das imaxes que se proxectan no escenario.

As bailarinas Ailén Ramos, Inés Vieites, Elena Roses e Raquel Santacruz, e os bailaríns Juan Miguel Hernández, Víctor Molina, Pastor R. Feal e Pablo Aradillas conforman o elenco seleccionado a través dunha convocatoria pública de audicións. O corpo de baile preparou este espectáculo xunto aos creadores das catro coreografías que o integran: o director e videocreador vasco Iker Gómez, colaborador habitual no programa formativo do CCG e titular da súa propia compañía de danza; e mais o británico Kenneth Tindall, un dos valores emerxentes na creación coreográfica internacional, como demostra a súa recente designación nos Dance Awards Critics Circle.

As catro estacións foi estreado o pasado mes de setembro en Vigo, a semana pasada presentouse no Auditorio de Ourense e tras o seu paso polo Barco de Valdeorras hoxe, completará a súa xira en Pontevedra e Santiago de Compostela.

También te podría gustar...