Aprobouse no pleno de O Barco voltar a socilitar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil o dragado do río ó paso pola localidade
Aprobouse no pleno de O Barco voltar a socilitar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil o dragado do río ó paso pola localidade a altura da praia fluvial. A proposta que presentara fai uns días o grupo Popular da localidade, debatiuse onte en pleno e acadou a unanimidade.
Hai que ter en conta que esta solicitude é a terceira que se lle fai a este organismo sendo as respotas anteriores negativas, co cal as esperanzas dunha resposta positiva nesta ocasión semella que non son moitas.