Aprobada a programación da Escola Provincial de Gaitas

  • A Xunta de Goberno aproba a programación para o curso 2016-2017 da Escola Provincial de Gaitas

gaitas-set-16-png

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou a programación anual e prezos públicos da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense para o curso 2016-2017. Dita programación incluirá ciclo elemental, medio e superior de gaita, percusión, canto e pandeireta, e zanfona. Tamén están incluídos programas para adultos das modalidades de gaita, canto e pandeireta.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou tamén dúas axudas en materia de cooperación a dous concellos da provincia de Ourense. A primeira delas ao Concello de Avión, por importe de 60.000 euros, para o mantemento da escola infantil municipal correspondente ao ano 2016. A segunda achega vai destinada ao Concello de Bande, por importe de 20.000 euros, para o arranxo do cemiterio municipal.

En materia de Deportes a Xunta de Goberno ratificou o convenio de colaboración entre o Club Deportivo Xadrez Ourense e a Deputación de Ourense, asinado con data 11 de xaneiro de 2016, para posta en marcha e co-financiamento dunha escola provincial de base de xadrez, cun financiamento por parte da Deputación de 4.000 euros.

 

También te podría gustar...