Aproba a fixación de prezos de publicacións que editará o ente provincial

  • A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba a fixación de prezos de publicacións que editará o ente provincial

0 XG220116

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou a fixación de prezos de venda ao público de publicacións que editará o ente provincial. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de xaneiro.

En concreto, do Plan de Publicacións 2014, «A Ponte Maior de Ourense. El puente romano-medieval. La razón de ser de una ciudad», de Juan Carlos Rivas Fernández por valor de 35 euros. E, no Plan de Publicacións 2015, «Paisajes culturales del agua», coordinado por Ladislao Castro Pérez, Beatriz Comendador Rey, Elena de Uña-Álvarez, Fermín Pérez Losada e Susana Reboreda Morillo, por importe de 12 euros.

Asemade durante a xuntanza trataron a aceptación da renuncia formulada polo Concello da Rúa á subvención concedida con cargo ao Programa provincial de cooperación cos concellos para a execución de infraestruturas deportivas correspondente ao exercicio 2014, para a execución da obra «Cerramento en bancada campo de fútbol O Aguillón», por importe de 1.555,76 euros.

Por último, outro dos temas abordados na Xunta de Goberno foi a aprobación do proxecto técnico da obra da piscina municipal en Porqueira, así como anexo de expropiacións, no que se inclúe o plano parcelario e a relación de bens afectados.

También te podría gustar...