Aposta clara pola gandería na Veiga
- O Concello de A Veiga revitaliza a gandeiría ca creación de novos servizos para o sector e a aposta por unha marca de calidade
-
Os gandeiros terán axudas para desenvolver esta actividade e haberá un veterinario de forma permanente no municipio
O alcalde de A Veiga, Juan Anta Rodríguez, ten moi claro que un dos obxectivos do Concello será poñer as bases para revitalizar o medio rural. Por este motivo, adoptou medidas encamiñadas a potenciar a gandeiría, tendo en conta a dimensión económica, social e medioambiental da actividade gandeira no municipio.
Así, despois de varias reunión entre gandeiros e representantes do Concello acordouse que se concederán subvencións aos titulares de explotacións gandeiras do municipio de A Veiga para a utilización do tractor forestal destinados a desbroces en explotacións gandeiras. “Consideráse así prioritario establecer unha alianza de conservación e desenvolemento entre o Concello e a poboación local, que cumpre un papel esencial na conservación dos espazos naturais de montaña, do medio ambiente e dos espazos incluídos na Rede Natura 2000, e se ten en conta que a prestación dos servizos pùblicos nos territorios de montaña deberá ser considerada, tanto nos seus costes coma nas súas prestacións, un elemento esencial para evitar a despoboación o concello”, comentou o alcalde de A Veiga.
Tamén vaise recuperar o servizo da oficina de extensión agraria a través da presencia dun veterinario, que unha vez o mes prestará información e tramitará as solicitudes que sexan precisas a tódolos gandeiros do municipio.
Ademáis, vaise crear unha nova asociación de gandeiros. “O Concello axudará de maneira permanente a conseguir que os nosos gandeiros teñan un maoir beneficio co seu traballo e de cara ao abaratamento e aforro de custes”, apuntou Juan Anta Rodríguez.
Finalmente, vaise crear unha marca de calidade co fin de “conseguir unha marca de calidade do produto local facilitando a venda posterior e a promoción dado que estamos ante unha das mellores carnes de Galicia”, concluiu o rexidor.
Todas estas medidas serán adoptadas polo Concello de A Veiga para frenar a despoboación e manter as actividades productivas máis importantes deste territorio.