Apoio á Asociación de Produtores de Pataca da Limia

  • A Deputación reforza o seu compromiso
  • Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co presidente da entidade, Amador Díaz. O presidente da Deputación destacou a importancia da pataca e da comarca da Limia dentro da economía ourensá, e a aposta do seu goberno polo medio rural: “Sempre estaremos en primeira liña de apoio aos sectores produtivos”
  • Amador Díaz agradeceu a liña aberta de colaboración do goberno provincial coa asociación de produtores. Despois dunha axuda para compra de maquinaria, este novo apoio facilitará os traballos mecánicos de acondicionamento das pistas de acceso ás explotacións de pataca 

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Amador Diaz Penin (AA de productores da pataca).

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, Amador Díaz, con quen abordou o escenario deste sector, clave na economía ourensá. Un encontro no que o presidente do goberno provincial avanzou o reforzo do compromiso que mantén a institución con esta asociación de produtores. 

Manuel Baltar sitúa este acordo dentro da ampla aposta da institución provincial polo sector agrario e a comarca da Limia, lembrando, por exemplo, os importantes servizos que presta o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente ao Inorde. “A Deputación sempre está en primeira liña de apoio aos sectores produtivos. E neste caso estamos a falar dun eixo vital da nosa economía, como referendan estudos como os realizados polo Inorde e a UVigo que sinalan a pataca coma un produto estrela da nosa despensa”. 

 

O presidente da Deputación tamén pon en valor as liñas de colaboración trazadas coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia, “de completa referencia neste sector, coa que en 2018 comprometeuse a compra de maquinaria para acondicionar as pistas de acceso ás explotacións de pataca. Nesta ocasión, a partida económica facilitará este traballo mecánico. “Facilitamos que a maquinaria poida empregarse co persoal axeitado e este a disposición da asociación en todo o que sexa necesario nos seu traballo”. Manuel Baltar sitúa como estratéxico o apoio ao sector primario: “Unha actividade necesaria, como estamos a ver na crise derivada da guerra en Ucraína. O obxectivo deste goberno é traballar para seguir potenciando a calidade da nosa despensa”. 

Pola súa banda, Amador Díaz valorou a implicación da Deputación coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia:

Unha vez máis, este apoio é moi importante para poñer en marcha a maquinaria e acondicionar as pistas. Dende a asociación estamos moi agradecidos polo seu compromiso. 

También te podría gustar...