Apertura oficial da XLII Feira do Viño de Amandi
Acto de apertura oficial da XLII Feira do Viño de Amandi a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañan ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, na inauguración da XLII Feira do Viño de Amandi.
O pregón será mañá ás 13:00 horas a cargo do actor Chechu Salgado.