Amplíase o prazo de inscripción do Grand Prix Race Edition 2016 en A Veiga para dar cabida á multitude de persoas interesadas

  • O vindeiro sábado, 25 de xuño, o municipio de A Veiga acollerá a proba deportiva de habilidade Grand Prix Race Edition 2016
  • As 12:00 horas arrancará o Grand Prix Promesa-Junior e as 16:30 horas o Grand Prix Adultos
  • Para dar cabida ás numerosas persoas interesadas e formalizar as inscricións, amplíase o prazo de inscrición ata o mércores, 22 de xuño (inclusive)

230

 
As probas discorrerán ao longo de todo o día.O percorrido será o seguinte:

  • Saída: Praza do Concello
  • Probas: Praia Fluvial “O Coiñedo” e Praia Fluvial “Os Franceses”
  • Meta: Praia Os Franceses

cartel-5720eaef56f142.75965962A proba consiste nun circuíto de seis quilómetros no que se intercalan diferentes obstáculos naturais e artificiais, ademais de probas de equilibrio, coordinación, habilidades de axilidade mental que os participantes deberán resolver contra reloxo e coa axuda dos demais compañeiros de competición.

Para participar no «Grand Prix» é preciso formar un equipo mixto de entre 6 e 12 integrantes, que representará ao lugar de residencia da maioría deles, dende un barrio a unha parroquia ata unha gran cidade.

Premios categoría adultos:

  • 1º 1.000€ máis estancia fin de semana nun Aloxamento de Turismo Rural de A Veiga
  • 2º 500 € máis estancia fin de semana nun Aloxamento de Turismo Rural de A Veiga
  • 3º 250 € máis estancia fin de semana nun Aloxamento de Turismo Rural de A Veiga
  • 4º 150 €
  • 5º 100€

Siguen abiertas inscricións no Concello de A Veiga e en http://www.elgrandprix.es/p/inscripciones.html

También te podría gustar...