Ampliadas axudas para prevención e defensa contra incendios en montes veciñais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do crédito da Orde de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común do ano 2014, informou o Goberno galego nun comunicado.
A cantidade de 350.000 euros súmase aos 3.000.000 de euros xa comprometidos e cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no cadro do PDR de Galicia 2007-2013.
O obxectivo da Orde é dirixir as axudas aos montes veciñais en man común, que abarcan máis do 35% da superficie forestal de Galicia (case 700.000 hectáreas forestais) e que están en mans de máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común.
Nese sentido establécense dúas liñas de axudas, segundo se indica no comunicado. Por unha parte, finánciase o control selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pista, rexeración forestal natural e a roza de penetración, e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.
Por outra parte, finánciase a construción de puntos de auga, que se deberán localizar en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais. EFE