Alumeado de Nadal de Monforte: máis de 900.000 luces LED

  • José Tomé Roca anunciou en rolda de prensa que a inversión para a colocación das luces de Nadal deste ano 2022 en Monforte alcanzará os 52.000 euros “que é o investimento máis alto da historia deste Concello”
  • ”Isto suporá a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 2.000 euros, o que representa un 4% de aumento”, subliñou o Alcalde
  • Unha das principais novidades será a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaremos a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre
  • Deste xeito, increméntase o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259
  • Tamén se extenderá a iluminación a 4 novas rúas, sendo un total de 64 rúas, un 6% máis que en 2021, as que conten con arcos. En concreto, as novas rúas con iluminación serán a rúa Blanco Amor (2 arcos), Praza do Conde (1), rúa do Conde á altura do edificio Espinosa (1) e San Lázaro (3)
  • “O noso obxectivo con esta importante inversión no alumeado da cidade”, destacou o Alcalde, “é dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”
  • Haberá un novo cono central na rúa do Cardenal, a modo de árbore de Nadal, de 17 metros de alto por 6 metros de diámetro, e na Praza de España haberá un Paquete regalo. En ambos casos, contarán con paso interior “para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”
  • O alumeado será encendido o venres día 2 de decembro ás 6.30 da tarde na rúa Cardeal, e apagarase o domingo día 8 de xaneiro, estando en servizo 38 días
  • Para contribuír co aforro enerxético, reducirase o horario de encendido: se no ano 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada, este ano 2022, será de 18:30 a 1 da madrugada

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer onte en rolda de prensa o dispositivo de alumeado de Nadal que o Concello está a instalar nas rúas do municipio e salientou que “este ano superamos as 900.000 luces LED e isto supón que proporcionalmente superamos a Vigo en número de luces por habitante, que toca a 37 luces, mentres que na nosa cidade tocamos a 48 luces LED por monfortino”.

Para a iluminación navideña da cidade, o Concello destina unha inversión de 52.000 euros. “Isto suporá a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 2.000 euros, o que representa un 4% de aumento”, subliñou o Alcalde.

“O noso obxectivo con esta importante inversión no alumeado da cidade”, destacou o rexedor monfortino, “é dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”.

O alumeado será encendido o venres día 2 de decembro ás 6.30 da tarde, e apagarase o domingo día 8 de xaneiro, permanecendo en servizo 38 días, o mesmo número que en 2021. Para contribuír co aforro enerxético, reducirase o horario de encendido: se no ano 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada, este ano 2022, será de 18:30 a 1 da madrugada. 

Principais novidades

Unha das principais novidades anunciadas polo Alcalde será a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaremos a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre.

Tamén se extenderá a iluminación a 4 novas rúas, sendo un total de 64 rúas, un 6% máis que en 2021, as que conten con arcos. En concreto, as novas rúas con iluminación serán a rúa Blanco Amor (2 arcos), Praza do Conde (1), rúa do Conde á altura do edificio Espinosa (1) e San Lázaro (3).

Haberá un novo cono central na rúa do Cardenal, a modo de árbore de Nadal, de 17 metros de alto por 6 metros de diámetro, e na Praza de España haberá un Paquete regalo.

En ambos casos, contarán con paso interior “para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”. 

Máis de 900.000 luces LED

José Tomé salientou que este ano o Concello alcanza as 900.000 de luces LED para a iluminación de Nadal, e resaltou diversos aspectos sobre a mesma.

O cableado necesario para a instalación do alumeado de Nadal é de 12.000 metros de cable trenzado. Distribuíndo as luces por cada elemento luminoso, segundo os datos facilitados pola empresa que instalou as luces, son os seguintes:

  • Os 259 arcos terían 850.000 luces LED.
  • A árbore de Nadal do Cardenal, 20.000 luces LED.
  • O Paquete da praza de España, 10.000 luces LED.
  • O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
  • E nas árbores das prazas, 1.800 luces LED.

A suma total ascende a 886.300 luces LED. Sen se suman as luces das proxeccións da Torre da Homenaxe, as dos arcos de saúdos de Bo Nadal que hai ás entradas da cidade, e as da Casa Consistorial, supéranse as 900.000 luces LED.

“Ademais”, comentou o Alcalde, “isto supón que proporcionalmente superamos a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11 millóns de luces, polo que tocan a 37 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 48 luces LED por monfortino”.

 A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte

“Dende o Concello investimos 2.000 euros máis no alumeado de Nadal con respecto ó ano 2021, alcanzando os 52.000 €, un 4% máis, a maior inversión en alumeado de Nadal da historia do Concello de Monforte” salientou o Alcalde.

“Eu como Alcalde e o meu Equipo de Goberno, estamos impulsando o alumeado de Nadal, e asumindo o seu coste e instalación, tal e como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno municipal en 2015, para axudar ó comercio e á hostalería, que son pilares básicos da nosa economía.”

Deste xeito, increméntase o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259 en 2022, un 11% máis.

Os arcos de Nadal serán de luz LED, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte.

Tamén será adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano mellor para todos”.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días en horario reducido ata as 10 da noite, de xeito particular, as fontes que teñen iluminación, como a da Estación, a das Casitas ou a do Parque da Compañía.

 Iluminación de 64 rúas da cidade

Este ano son 64 rúas as iluminadas, engadíndose 4 con respecto a 2021, que son:

  • Rúa Blanco Amor: 2 arcos
  • Praza do Conde: 1 arco
  • Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
  • San Lázaro: 3 arcos.

Case todas as rúas incrementarán o número de arcos, pero dun xeito especial, as rúas que máis incrementarán, tanto en número como en proporción, son:

  • Valle Inclán: pasa de 5 a 7 arcos.
  • Corredoira: pasa de 6 a 7 arcos.
  • Malvarón: de 2 a 3 arcos.
  • Estrella: de 1 a 2 arcos.
  • Rosalía de Castro: de 1 a 2.
  • López Suárez: de 1 a 2
  • Travesía Veiguiña: de 2 a 4.
  • Fontecha: de 1 a 2.
  • Tomás Vázquez: de 1 a 2.
  • Benito Vicetto: de 3 a 4.

Finalmente, o resto de rúas con arcos son:

  • Juan Montes: 5 arcos.
  • Reboredo: 4 arcos.
  • Duquesa de Alba: 4 arcos.
  • Carude: 4 arcos.
  • Roberto Baamonde: 15 arcos.
  • Morín: 10 arcos.
  • Hortas: 6 arcos.
  • Cardenal (peonil+zona de tráfico): 10 arcos.
  • Compañía:10 arcos.
  • Calvo Sotelo: 15 arcos.
  • Doutor Casares:14 arcos.
  • Ourense: 8 arcos.
  • San Pedro: 5 arcos.
  • Rúa Coruña: 4 arcos.
  • Avenida de Galicia: 15 arcos.
  • Rúa Chantada: 10 arcos.
  • Celso Emilio Ferreiro: a 6 arcos.
  • Francisco Moure: 6 arcos.
  • Eduardo Pondal: 3 arcos.
  • Valle de Lemos: 2 arcos.
  • Molinos de Antero: 1 arco.
  • Germán Vázquez: 2 arcos.
  • Central: 1arco.
  • Real: 1 arco.
  • Inés de Castro: 4 arcos.
  • Curros Enríquez: 2 arcos.
  • Pontevedra: 2 arcos.
  • Concepción Arenal: 2 arcos.
  • Praza da Estación: 2 arcos.
  • Río Seco: 2 arcos.
  • As Cruces: 3 arcos.
  • Abeledos: 5 arcos.
  • Santa Clara-Ramberde: 6 arcos.
  • Casar: 2 arcos.
  • Ferrol: 1 arco.
  • Santiago: 1 arco.
  • Covas: 3 arcos.
  • Hermida Balado: 3 arcos.
  • Doutor Goyanes: 2 arcos.
  • Doutor Teixeiro: 7 arcos.
  • Comercio: 3 arcos.
  • Paseo de Lugo: 3 arcos.
  • Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
  • Pinguela: 2 arcos.
  • Sarria: 3 arcos.
  • Lois Pereiro: 2 arcos.
  • Otero Pedrayo: 3 arcos.

 

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde,

é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas.

También te podría gustar...