Alicia López Míguez toma posesión como xefa territorial da Consellería de Infraestruturas

  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu esta mañá á toma de posesión da xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez

12116 toma posesión xt Infra

 

O nomeamento de Alicia López como xefa territorial do novo departamento autonómico de Infraestruturas e Vivenda na provincia de Ourense, trala última remodelación do Goberno Galega, acordouse a pasada semana por resolución da Dirección Xeral da Función Pública. Nada na Coruña e licenciada en Dereito e Ciencias do Traballo, López Míguez  accedeu á Administración galega no ano 1993, desempeñando distintas funcións sempre na provincia ourensá e na actualidade exercía como xefa de área xurídica e coordinación na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense.

Marisol Díaz Mouteira, logo da súa toma de posesión, despachou coa nova xefa territorial os proxectos que o departamento autonómico dirixido por Ethel Vázquez está a desenvolver na provincia ourensá e analizaron as liñas estratéxicas de actuación. A delegada territorial solicitoulle á nova xefa territorial o máximo compromiso ao fronte desta responsabilidade.

12116 toma posesión xt Infraestruturas

 

También te podría gustar...