Alfredo García e Manuel Baltar analizan temas de infraestruturas deportivas e de cooperación

  • O Alcalde do Barco de Valdeorras e o Presidente da Deputación de Ourense analizan temas de infraestruturas deportivas e de cooperación
Alfredo García e Manuel Baltar

Alfredo García e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao alcalde do Barco, Alfredo García, con que analizou temas referidos a infraestruturas deportivas e cooperación institucional, dada a condición de membros da FEMP e da FEGAMP, no caso de Manuel Baltar como membro da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias, e de Alfredo García como presidente da Federación Galega de Municipios.

No que atinxe ás infraestruturas deportivas Baltar e García falaron da axuda outorgada pola Deputación de Ourense ao Concello do Barco para a mellora e instalación de equipamento de iluminación no campo de fútbol, obra que suporá un investimento de 100.000 euros, e no referido á colaboración institucional avoagaron por manter liñas de colaboración «aproveitando a posición institucional de ámbolos na FEMP e na FEGAMP para favorecer o desenvolvemento de proxectos a prol dos concellos da provincia de Ourense», afirmou o presidente do goberno provincial.

También te podría gustar...