Alfabetización dixital no Barco de Valdeorras

  • COGAMI iniciou en O Barco de Valdeorras un curso de alfabetización dixital no que se forman dez persoas con discapacidade
  • Financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE, contará con 85 horas lectivas

 

As instalacións da aula Cemit situada na Praza do Concello 2 (2º andar) de O Barco de Valdeorras acollen un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Esta formación iniciárona un total de 10 persoas, 6 homes e 4 mulleres, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, e procedentes dos concellos de O Barco, A Rúa e Rubiá.

Esta formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22, contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos que abordarán os módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral. Arestora, bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 430 persoas na comarca de Valdeorras.

También te podría gustar...