Alberte Montes no bar O Retorno da Rúa maña vernes 13 ás 23.30 horas
O coñecido actor e humorista de Anguieiros pero nacido en terras Valdeorresas volve á Rúa para presentar o seu renovado espectáculo de monólogos: «Albertadas». Alberte é un dos moologuistas con máis proxección de Galicia, conseguindo en menos de 2 anos gravar xa 2 monólogos co canal COMEDY CENTRAL. No apartado audiovisual un dos seus últimos traballos foi a participación na longametraxe de Iciar Bollaín «El Olivo».
Cartel
Alberte Montes
ALBERTADAS, así é como chamaban os compañeiros de Alberte ás improvisadas que este se marcaba no escenario no seu primeiro grupo de teatro. É unha práctica á que lle colleu agarimo e que non abandonou xamais. Amigo de pintar saíndose das liñas, de camiñar ó marxe do rabaño, Alberte ofrece no seu espectáculo un monólogo fresco, orixinal e disparatado. Máis dunha hora de risas onde se mesturan historias cotiás con surrealismo, verdade conesaxeración, destripada actualidade con chistes malos… Un cóctel perfecto de diversión tola.
Un show explosivo, cargado de enerxía, adrenalina e humor.
ALBERTE MONTES
Alberte é actor, guionista, director, locutor… e di a súa nai que non fai nada. Formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona ao mesmo tempo que ampliaba os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown ou loita escénica. A súa xuventude non ten sido atranco algún para que atesoure xa unha dilatada experiencia en teatro profesional, infantil e de rúa. Traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e a nivel individual representou varios espectáculos en varios teatros de Barcelona (Teatreneu, Teatre Llantiol…). No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional («2OS») e recentemente nas longametraxes REC (4) e «El olivo» de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como «Salvados», «Buenas noches y Buenafuente» ou «En el Aire» e noutros da TVG (Televisión de Galicia). Ten feito spots publicitarios como o da coñecida aplicación «Catarrator» para a marca Frenadol ou recentemente o de «Cero Comisións» para a entidade ABANCA. Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España e ten xa dous monólogos gravados en Comedy Central.
Usamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación y ofrecerle contenidos. Si continua navegando entenderemos que aceptas nuestra Política de cookies.Aceptar
Privacidad y Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.