Afondando nos protocolos en caso de accidente ferroviario

  • Persoal do CAE 112 Galicia e ADIF afondan nos protocolos de actuación en caso de accidente ferroviario
  • Membros de ambos organismos incidiron nalgúns aspectos que profundan nunha mellor comunicación e coordinación en situación de crise
  • A clave é garantir aos efectivos de emerxencias un acceso seguro ás vías

adif

 

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, acolleu a pasada semana unha xornada formativa impartida por membros de Adif, que axudou a afondar nos protocolos de actuación en caso de accidente na rede ferroviaria.

A comunicación entre ambos organismos é fluída e efectiva, aínda así os equipos se comprometeron a redobrar esforzos que revertan nunha mellor coordinación e cooperación dos recursos de emerxencias en situación de crise.

Durante a xornada se profundou, ademais, nos protocolos de actuación establecidos co obxectivo de confluír nunha única forma de traballar que se traduza nunha resposta rápida e efectiva cando máis se necesita.

En caso urxencia na rede ferroviaria, unha chamada ao 112 Galicia será suficiente para que o persoal do Centro de Protección e Seguridade de Adif poña en marcha todos os recursos técnicos e humanos que garantan aos efectivos de emerxencias un acceso seguro ás vías.

Arredor da vía férrea existe un complexo sistema de electrificación que pon seriamente en risco a vida das persoas. Así, segundo se explicou durante a xornada, antes de introducirse nas vías, os efectivos de emerxencias deben de ter a certeza de que a corrente eléctrica está desactivada. En xeral, ante un incidente na vía férrea, do tipo que sexa, convén chamar ao 112 e agardar a axuda.

 

También te podría gustar...