AEVA organiza no Barco unhas “Xornadas de emprego e emprendemento en Valdeorras”

  • Centraranse na busca activa de emprego, a elaboración do currículo e preparación de entrevistas de traballo, entre outras cuestións

 

Sede de AEVA, onde se imparte o curso

Sede de AEVA

AEVA (Asociación Empresarial de Valdeorras) organiza unhas “Xornadas de emprego e emprendemento en Valdeorras”, de hoxe ao 24 de novembro, para a busca activa de emprego, elaboración eficaz do currículum, preparación de entrevistas de traballo e alternativas de emprego. Desenvolveranse en O Barco, no Centro de Formación AEVA (Praza Andrés de Prada, 2-1º), de 18,00 a 21,00 horas.

Os relatores son Jorge Sieiro Froiz, experto en Xestión de Recursos Humanos, e Rosa Ana Vidal Tubío,  orientadora do Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego AEVA.

O temario das xornadas céntrase na búsqueda activa de emprego, elaboración eficaz do currículo, preparación de entrevistas de traballo, emprendemento, economía social e cooperativismo.

Os obxectivos das xornadas son mellorar a empregabilidade das persoas participantes; lograr o  autocoñemento e definir o obxectivo profesional; aprender os aspectos mais importantes á hora de buscar emprego; Optimización de recursos: realización eficaz do currículo e da carta de presentación; Configurar a propia marca persoal; Coñecer os recursos máis importantes que se poden utilizar para encontrar emprego hoxe en día, facendo fincapé nas novas tecnoloxías, e, finalmente,  coñecer novas alternativas de emprego baseadas na economía social.

Hoxe martes, 22 de noviembre, abordaranse os seguintes contidos: a situación do mercado do traballo; autocoñecemento e definición do obxectivo profesional; marca persoal; o proceso de búsqueda de emprego, e  o currículo e a carta de presentación.

O mércores, 23 de novembro, vanse tratar os recursos para a busca de emprego; redes sociais e emprego;  procesos de selección, e  a entrevista de traballo.

O xoves é o turno para afondar na formación para o emprego;  emprego público; autoemprego;  cooperativismo e economía social e  axencias de colocación.

 

También te podría gustar...