Actuacións de mellora na Pista Polideportiva da Compañía
- O Alcalde, José Tomé Roca, ven de informar desta nova actuación “que suporá a renovación do pavimento de céspede artificial e a mellora da malla metálica desta instalación deportiva municipal, que é moi utilizada por atoparse nunha zona moi céntrica da cidade, e que permanecerá pechada ós usuarios dende mañá co inicio das obras planificadas”
- Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Calfensa SL, e conta cun orzamento de 48.279 euros, provintes de fondos municipais. O prazo de execución das obras estímase en arredor de 3 semanas
- “Con esta actuación, completamos as accións de mellora que dende o Concello levamos a cabo na zona da Compañía, e que significaron a construción dunha pista de Skate (64.737,42€), a consecución dun novo Parque Infantil (145.164,91€) e a mellora da fonte cibernética da praza da Compañía (51.532,33€), polo que o investimento total que destinamos para mellorar a que é unha das zonas de esparcemento e lecer máis utilizadas da cidade, alcanza os 309.713,66 euros”, subliñou o Alcalde
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que mañá xoves 24 de febreiro está previsto o inicio das actuacións de mellora que o Concello vai acometer na Pista Polideportiva da Compañía, e que forman parte do programa do Equipo de Goberno para a mellora de instalacións e infraestruturas municipais, neste caso, do eido deportivo.
O Alcalde destaca que “esta nova actuación suporá a renovación do pavimento de céspede artificial e a mellora da malla metálica desta instalación deportiva municipal, que é moi utilizada por atoparse nunha zona moi céntrica da cidade, e que permanecerá pechada ós usuarios dende mañá, co inicio das obras planificadas”.
Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Calfensa SL, e conta cun orzamento de 48.279 euros, provintes de fondos municipais. O prazo de execución das obras estímase en arredor de 3 semanas.
Con esta actuación, completamos as accións de mellora que dende o Concello levamos a cabo na zona da Compañía, e que significaron a construción dunha pista de Skate (64.737,42 euros €), a consecución dun novo Parque Infantil (145.164,91€) e a mellora da fonte cibernética da praza da Compañía (51.532,33€), polo que o investimento total que destinamos para mellorar a que é unha das zonas de esparcemento e lecer máis utilizadas da cidade, alcanza os 309.713,66 euros
subliñou o Alcalde.
Renovación da Pista Polideportiva da Compañía
A Pista Polideportiva obxecto desta mellora atópase dentro do parque da Compañía, que se ubica na zona centro do casco urbano de Monforte.
A actuación ideada polo Concello consiste na renovación desta pista polideportiva ó aire libre, consistente na reparación e corrección de baches de soleira de formigón, na renovación do seu pavimento de céspede artificial e renovación e mellora de malla metálica.
A obra iniciarase coa retirada do actual pavimento de céspede artificial, co seu recheo de area, deixando ó descuberto a actual soleira de formigón sobre a que se apoia. Continuará coa homoxeneización da superficie da soleira, por medio da aplicación de leitada bituminosa “Slurry” nas zonas que presentan irregularidades. Acabado o anterior, colocarase un novo pavimento de céspede artificial, sobre soporte de polipropileno e lastrado de area, co marcado das liñas de xogo.
Ademais, nas proteccións metálicas de detrás das porterías renovarase a actual malla metálica e mellorarase o estado dos tubos de suxeición desta, por medio do lixado e pintado dos mesmos.