Acto de XANTAR 2016 dedicado ás confrarías gastronómicas e enófilas

  • MARISOL DÍAZ MOUTEIRA PARTICIPA NO ACTO DE XANTAR 2016 DEDICADO ÁS CONFRARÍAS GASTRONÓMICAS E ENÓFILAS

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu o acto central da segunda xornada da 17ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, dedicado ás Confrarías Gastronómicas e Enófilas, entidade rexional de Turismo Porto e Norte de Portugal, Cámara Municipal de Vila Real, provincia da Coruña e concello ourensán de Parada do Sil.

040216 Confrarías

 

Díaz Mouteira deulles a benvida aos representantes das máis de 40 confrarías que participaron nesta xornada de convivencia, confraternización e aprendizaxe, cunha especial mención as achegadas de Portugal  “o noso país veciño que sempre estivo representado neste encontro, un feito que contribúe sen dúbida a estreitar as relación entre as dúas áreas da Eurorrexión”. Na súa intervención a delegada territorial afirmou que  actos como o de hoxe contribúen a coñecer máis de preto o movemento das confrarías e que a sociedade “comprenda que non só se trata de divulgar as cualidades culinarias de determinados produtos, senón que a creación dunha confraría está sempre relacionada coa dinamización da economía local e a promoción do territorio”.

040216 confrarías Xantar

 

A 17ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2016 prolongarase ata o domingo, día 7,  ten como país convidado a México e convoca en Expourense a 166 expositores entre os que destacan 14 restaurantes que ofrecen arredor de vinte menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión procedentes de México, Portugal e España.

 

 

También te podría gustar...