Acordos do pleno ordinario da Deputación de Ourense de data 24 de abril de 2015

1 1 1 1 2015 Pleno abril

 

RENUNCIA DE DON LUCIANO RIVERO CUQUEJO AO CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL

Acordo:

Tomar razón da renuncia do deputado provincial don Luciano Rivero Cuquejo, deixándose constancia dela.

Solicitar da Xunta Electoral Central a designación de suplente para a toma de posesión na próxima sesión.

DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BANDE EN MATERIA DE RECADACIÓN DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA POTABLE

Acordo:

Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Bande ten atribuídas en materia de materia de recadación da taxa pola subministración de auga potable, así como das actuacións pendentes dos últimos catro anos e non prescritas, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 12 de marzo de 2015. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

EXPROPIACIÓN FORZOSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE «ACONDICIONAMENTO OU-1265 ACCESO A SANTA COMBA», CLAVE 112/PB/2014, NO MUNICIPIO DE BANDE

Acordo:

1º.- Resolver as alegacións formuladas polos interesados, baseándose no informe emitido polo xefe da Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación de Ourense, o cal ten o teor literal seguinte:

a) As parcelas n.º 19 e 20 do expediente perténcenlle ao mesmo propietario, «MVMC de Santa Comba», e son lindeiros, motivo polo que se xuntaron na mesma parcela do expediente expropiatorio, dando lugar á nova parcela n.º 20 e suprimíndose a n.º 19 do expediente.

b) A parcela n.º 21 do expediente expropiatorio, ao non verse finalmente afectada pola expropiación, procédese a súa supresión da relación de bens afectados.

c) A propietaria da parcela n.º 22 do expediente expropiatorio, D.ª M.ª Soledad Blanco Fernández, formulou alegación na que manifesta que parte da parcela n.º 22 non é da súa propiedade, o cal se constata porque existe un muro na parcela que acredita que se trata de dúas parcelas distintas, motivo polo que se reduciu a superficie da parcela n.º 22 e se creou unha nova parcela, a parcela n.º 22-A, a cal, ao non saberse quen é o seu titular, figura como titular descoñecido.

d) Na parcela n.º 26 do expediente cambiouse o seu titular, xa que foi achegada unha escritura de compravenda a favor da «Asociación Parroquial de Santa Comba», polo que pasa a figurar como a propietaria da devandita parcela.

e) O «MVMC de Santa Comba», figura como propietario das parcelas n.º 5, 17, 19 e 28 do expediente expropiatorio, téndose formulado escrito de alegacións pola súa parte, no que se reclama tamén a titularidade das parcelas n.º 12, 14, 15, 16, 18 e 19. Baseándose na devandita alegación solicitóuselle á Consellería de Medio Rural que se informara sobre a clasificación das citadas parcelas como integrantes do monte veciñal, o cal foi contestado pola Consellería de Medio Rural no sentido de que as parcelas que reclama o monte veciñal como súas non están clasificadas como parte do monte veciñal, motivo polo que non se procede a cambiar a titularidade das parcelas reclamadas polo citado monte».

2º.- Aprobar o proxecto técnico da obra «acondicionamento OU-1265 acceso a Santa Comba», clave 112/PB/2014, no municipio de Bande, así como anexo de expropiacións, no que se inclúe o plano parcelario e a relación de bens afectados.

3º.- Ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas, de conformidade co disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia.

4º.- Acordar definitivamente a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola expropiación, de conformidade co previsto no citado artigo da Lei de Estradas de Galicia.

5º.- Publicar e notificarlles este acordo aos interesados, de conformidade coa lexislación vixente.

APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE O ENLACE DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS COA AUTOVÍA A-52

Acordo:

Instar a Xunta de Galicia a que axilice e dote de máis orzamento o enlace do Polígono industrial de San Cibrao cá Autovía A52.

Instar a Xunta de Galicia a redacción e execución do citado enlace.

También te podría gustar...