Aceite de Quiroga; «É indiscutible que se trata dun produto excelente»

  • O Presidente da Deputación participou na XXII Mostra do Aceite de Quiroga

 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron onte domingo na XXII Mostra do Aceite de Quiroga. A cita celebrouse no Muiño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas.

José Tomé percorreu os postos dos produtores participantes nesta cita que se recuperou logo do parón pola pandemia da Covid-19. O mandatario provincial salientou a calidade e singularidade do aceite que se produce no municipio, e puxo en valor o traballo das persoas que se dedican ao aceite.

 

É indiscutible que se trata dun produto excelente que cada vez ten un maior recoñecemento entre os consumidores que reclaman alta calidade e xeitos de produción sostibles e respectuosos co medio ambiente

 

A Deputación de Lugo colabora este ano co Concello de Quiroga con máis de 350.000€ a través do Plan Único 2022, que inclúe diferentes liñas de actuación como a mellora de infraestruturas, a creación de emprego e o Servizo de Axuda no Fogar.

También te podría gustar...