Acción formativa para os profesionais dos aloxamentos rurais ourensáns

  • A actividade, dirixida a empresarios, autónomos, empregados ou emprendedores, está orientada a impulsar a comercialización mediante a innovación e a diferenciación da oferta a través de propostas que poidan implantar no seu negocio
  • A duración total do curso, que se realiza en colaboración coa Escola de Hostalaría e Turismo de Ourense, é de 30 horas en modalidade mixta (presencial e teleformación) para un máximo de 15 participantes

 

O Inorde, en colaboración coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense, promove unha acción formativa para os empresarios, autónomos, empregados ou emprendendores dos aloxamentos rurais co obxectivo de que poidan impulsar a comercialización mediante a innovación e a diferenciación da oferta a través de propostas que poidan implantar no seu negocio.

A duración total do curso é de 30 horas en modalidade mixta (presencial e teleformación) para que os participantes poidan realizalo adaptándose aos seus propios horarios entre as datas de inicio e de fin. O número máximo de asistentes é de 15 persoas.

Os obxectivos desta oferta formativa son aportar as ferramentas necesarias para poñer en marcha unha idea de negocio en áreas rurais; ofrecer unha visión práctica no marco da sustentabilidade, do funcionamento xeral dun negocio vencellado ao sector aloxamentos, desde unha perspectiva actual. Tamén pretende que se atopen fórmulas innovadoras e apostar por servizos de calidade que supoñan un estímulo para o visitante e aporten valor á contorna na que se ubican apostando por actividades novidosas e desestacionalizadas que xeren atractivo entre o público; e dotar de información actualizada e precisa sobre materia lexislativa.

Os contidos do temario son os seguintes: posta en valor do noso aloxamento coa decoración, tematización… (5 horas), qué e cómo se obtén o compromiso de Calidade Turística (7 horas), as axudas que hai en Galicia e na provincia de Ourense ao sector (3 horas), a restauración no noso aloxamento (5 horas) e, as actividades no noso aloxamento, entorno e turismo de proximidade (10 horas).

O calendario das clases programadas serán: a conferencia de apertura será mañá, 29 de novembro, desde as 16.00 ás 18.30 horas, por videoconferencia a través de Zoom; a conferencia de seguimento será o 13 de decembro no mesmo horario e a través da mesma plataforma; e, por último, a clase práctica e clausura, que será presencial o 16 de decembro, de 16.30 a 18.30/19.30 horas, durante a cal se fará entrega dos diplomas.

Os interesados en participar poden anotarse a través do mail direccion@escuelahosteleriaourense.es ou a través do número de teléfono 988 065 631.

También te podría gustar...