Aberto o prazo de inscripción para a XXXIII Feira do Viño de Quiroga
Como xa avanzármos o mes pasado, na reunión que se mantivo 19 do citado mes para comezar cos preparativos da celebración da Feira do Viño de Quiroga, xa está aberto dende o pasado día 9 de este mes e ata o vindeiro día 23 deste mesmo mes o prazo de inscrición para esta XXXIII Feira do Viño de Quiroga que vai ter terá lugar os días 4 e 5 de abril.
Nesta edición o recinto feiral situarase na parte de arriba da rúa Real.
Os requisitos definitivos para poder participar na XXXIII edición que terá lugar os días 4 e 5 de abril serán os inicialmente acordados:
– Cantidade mínima: 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
– Graduación alcohólica mínima: 12 º para o viño branco e 11,5 º para o viño tinto.
– Acidez volátil máxima: 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
Unha vez rematado o prazo de inscrición, procederase a recollida das mostras para realizar os análises organolépticos dos caldos.