A XVI Festa do Botelo promociona este producto típico de O Barco con talleres de elaboración e actividades lúdicas

  • Celebrarase o 23 de enero e las entradas comenzarán a venderse a partir do 18 de enero

web-BOTELO-01

 

“Do mar o mero e do Barco o Botelo”, reza un dito moi popular en Valdeorras. A festa típica deste producto está á volta da esquina. La  Concellería de Cultura e Educación do Concello do Barco presentou o programa de actividades da  XVI FESTA DO BOTELO que se celebrará o día 23 de xaneiro na vila do Barco. Este produto consistente no recheo do estómago do porco con costelas adubadas e posteriormente afumado, que se consume cocido, conta con protección como Indicación Xeográfica Protexida dende o 2009. No 2014 a Festa do Botelo do Barco foi declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Esta nova edición vén cargada de novidades nas que o obxectivo é dar a coñecer o botelo e ampliar a festa gastronómica máis alá da mera degustación do produto. A nova edición contará cunha serie de actividades previas ao día da festa: un encontro gastronómico de blogueiros e xornalistas, un taller de elaboración de pinchos e pratos de botelo e harmonización con viños dirixido a hostaleiros da vila, así como a apertura dunha páxina web (www.festadobotelo.es)  e redes sociais. Ademais a festa ten os deseños no cartel e camisetas, outra das novidades desta edición, do debuxante Luis Davila “O bichero”.

O día propio da festa, o 23 de xaneiro, haberá tamén novidades como a posta en marcha dunha feira de produtos gastronómicos no Paseo do Malecón  e o acto de lectura do pregón que se realizará este ano no Teatro Lauro Olmo do Barco. Ademais o programa da TVG “Aquí Galicia” emitirá en directo o seu programa magazine o sábado 23 pola tarde.

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, explicou que este ano a festa ten tres obxectivos “un lúdico, outro difundir o produto, o Barco e a comarca e un terceiro que será formativo dirixido aos hostaleiros para que aprendan a realizar pinchos relacionados co botelo”.

A primeira actividade: visita de blogueiros e xornalistas

Os xornalistas e blogueiros invitados a esta actividade o día 16 de xaneiro terán a oportunidade de coñecer como se elabora o botelo e despois degustarano. Ademais coñecerán adegas da DO Valdeorras asentadas na vila barquense “un xeito de impulsar e divulgar o Botelo e os viños en toda Galicia e fora do territorio galego coas redes sociais” explicou a concelleira. As adegas que colaboran coa Festa da Botelo (Godeval, Eladio Santalla Paradelo, Roandi e Cooperativa Xesús Nazareno) ofrecerán os seus viños gratuitamente para a degustación do botelo por parte dos xornalistas e blogueiros.

Blogueiros e xornalistas participantes

  • Chus Nenalinda: Blogueira do Barco co blog “Siguiendoanenalinda”.
  • José Manuel García: Programa da Radio Galega Come e Fala. Santiago
  • José Luis Oliveira: Blog “Los pequeños viajes y algo más”. Ourense
  • Alberto Traversa: Revista gastronómica e turística “La Alacena Roja”.Vigo
  • Frenchy Oubiña : Blog e web “Galicia Mola”. A Coruña
  • Paloma Fernández: Blog “La epicureísta”. Cangas

Venda de entradas a partir do día 18

O luns día 18 pola tarde será o momento de poñer á venda as 950 entradas no Teatro Lauro Olmo, na zona do Conservatorio. O prezo será de 15 €/persoa.  As entradas este ano levarán como novidade que servirán para obter un desconto de 2 € nas camisetas que se porán á venda o día da festa e ademais entre os asistentes sortearanse 20 cestas con produtos gastronómicos da comarca.

Taller de pinchos e harmonías con viños da DO Valdeorras

A cociñeira e blogueira Rocío Garrido (la cocina de mi abuelo) acompañada polo sumiller Jorge Cardoso serán os encargados deste taller que se realizará o luns 18 dirixido aos hostaleiros da vila. O obxectivo é aprender a elaborar diferentes pratos co botelo como base e completar a formación co  notas de maridaxe cos viños das adegas colaboradoras.

Pregón no Teatro Lauro Olmo

O día 23 a actividade empezará pola mañá coa feira de produtos gastronómicos que se instalará na zona do Paseo do Malecón preto do Campo da Festa. Despois a lectura do pregón e entrega da mención de honra farase no Teatro Lauro Olmo do Barco, cambiando así a localización doutros anos no Instituto Martaguisela. O acto contará coas actuacións do cantautor, Anxo Rei e o Orfeón Valdeorrés. A continuación degustarase o botelo para uns 1000 comensais no pavillón polideportivo de Calabagueiros.

Todas as actividades atópanse especificadas na web www.festabotelo.es

Cartel XVI Festa do Botelo

Cartel XVI Festa do Botelo

 

 

 

También te podría gustar...