A Xunta reitera o seu compromiso coa cooperación xuvenil transfronteriza nunha xornada que pon fin ao programa ‘A Eurocidade Chaves-Verín II’

xeral remate prox Eurocidade II  

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou esta tarde na xornada “Espazo xuvenil transfronteirizo: balance e conclusións” con motivo do remate do proxecto Eurocidade II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.

Na súa intervención, Martínez lembrou que “a Eurocidade non foi ningún experimento, senón un instrumento útil para mellorar a calidade de vida dos seus eurocidadáns”, e así apuntou que “as fronteiras que antes dividían e separaban, hoxe as convertemos nunha ferramenta de crecemento”. O delegado territorial defendeu que para que este proxecto teña continuidade “temos que traballar coa xuventude xa que é a mellora garantía de que os seus obxectivos poidan seguir vixentes no futuro neste territorio”.

O delegado territorial indicou que a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado colaborou co proxecto transfronteirizo Eurocidade Chaves-Verín II, que se desenvolveu no período 2011-2014, cunha achega de 156.000 euros, con actuacións que colaboraron a potenciar a eurocidadanía, organizar conxuntamente eventos culturais e deportivos e dinamizar económicamente a zona.

Así, ao longo destes catro anos este programa permitiu apoiar 15 eventos destinados aos máis novos da Eurocidade, 217 mozos e mozas beneficiáronse de accións de intercambios xuvenís, 306 participaron en accións de formación conxuntas e 2.622 mozos desfrutaron dos servizos xestionados conxuntamente: a oficina trasnfronteiriza de información xuvenil (OTIX) e o local de ensaio.

 

remate proxecto Eurocidade II

También te podría gustar...