A Xunta participa en Ourense nun torneo solidario de fútbol sala a beneficio de Cruz Vermella

INAKI OSORIO

 

O Pavillón dos Remedios da cidade das Burgas acolleu o Torneo solidario de fútbol sala organizado conxuntamente pola Deputación de Ourense, o Concello da capital e a Xunta de Galicia a beneficio de Cruz Vermella. O delegado territorial do Goberno galego en Ourense, Rogelio Martínez, xunto con outros funcionarios e persoal da Xunta de Galicia participou neste evento deportivo, que contou tamén coa colaboración de xornalistas de medios de comunicación da provincia.

También te podría gustar...