A Xunta leva executada preto do 90 por cento das medidas que o estado recomenda ás comunidades autónomas no informe CORA
O 87 por cento das medidas que o Estado recomenda na Reforma das Administracións Públicas ás Comunidades Autónomas están xa aplicadas na nosa Comunidade Autónoma o en disposición de ser executadas.
O pasado mes de xuño de 2013, o Goberno estatal puxo en marcha a súa proposta para a Reforma das Administracións Públicas – o denominado informe CORA, un proxecto encamiñado a lograr unha administración mais eficiente, racional, eficaz e transparente. E que incorporaba unha batería de medidas encamiñadas a eliminar duplicidades coas CCAA e dentro do propio Estado; eliminar trabas, simplificar procedementos e facilitar o acceso dos cidadáns á Administración; mellorar a xestión de servizos e medios comúns, e racionalizar a Administración institucional, tanto no plano normativo como mediante a supresión e integración de entidades públicas.
Só uns días despois de coñecer o dito informe, éa Xunta de Galicia realizou unha análise das medidas formuladas para valorar as súas posibilidades de implantación na Comunidade, emitindo un informe de seguimento, no que se concluíu que 8 de cada 10 recomendacións que o Estado formulaba ás CCAA estaban a ser xa aplicadas ou eran susceptibles de ser implantadas en Galicia.
Ademais, cómpre recordar que a maioría das Medidas que o Ministerio propón no seu Informe CORA dende o ano 2013, xa foran adoitadas en Galicia dentro do proceso de racionalización administrativa que o Goberno galego iniciou no ano 2009, sendo pioneira dentro do Estado español en levar a cabo unha profunda reforma da Administración que redundou nunha redución do seu gasto e da súa estrutura, nunha maior eficacia e eficiencia, na eliminación de duplicidades e na procura dun mellor servizo aos cidadáns.
Medidas implantadas no 2014
Entre as principais medidas implantadas e avances no ano 2014 na nosa comunidade podemos destacar a entrada en vigor da lei 14/2013 de 26 de decembro de racionalización do sector publico autonómico de Galicia que incorpora todo un conxunto de medidas en dous dos ámbitos mais relevantes do Informe CORA, como son a administración instrumental e a contratación pública; a posta en marcha en xaneiro do das medidas tendentes á posibilitar que os empregados públicos poidan facer uso da flexibilidade horaria e do teletraballo no desenvolvemento das súas funcións.
Ademais, co lanzamento do “Plan de Axilización Administrativa”, Plan Achega 2014-2016, aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de febreiro, aproximase a Administración á cidadanía mediante a adopción das medidas necesarias para incorporar todos os procedementos administrativos á sede electrónica da Xunta de Galicia, reducir os tempos de resolución, simplificar trámites e facilitar a presentación de documentos non susceptibles de supresión, axilizando así a prestación dos servizos públicos á disposición dos cidadáns. Una vez culmine a súa implantación, máis de 900 procedementos haberán sido revisados, simplificados, reducidos os seus prazos, eliminadas as cargas inxustificadas e postos a disposición da cidadanía na sede electrónica.
En abril de 2014, deuse un novo impulso á modernización, racionalización e simplificación dos procedementos administrativos a través da modificación das “Guías para a habilitación electrónica de procedementos administrativos e convocatorias de subvencións” que foran aprobadas en Consello da Xunta no ano 2013. Así o obxectivo é seguir avanzando na redución de trámites e cargas burocráticas, ademais de facilitar a relación entre os cidadáns e a Administración, contribuír á reducir os custos administrativos das actividades empresariais e axudar a mellorar a competitividade das empresas grazas á promoción da sede electrónica como canle preferente na tramitación administrativa. Entre as novidades mais salientables que incorpora a nova versión das guías de habilitación de procedementos destacan a obrigatoriedade naqueles procedementos que teñan como destinatarios entidades locais, de utilizar a sede electrónica como único canle para a presentación das súas solicitudes e a adaptación aos novos sistemas transversais de tramitación dispoñibles, como son a notificación electrónica de Galicia e a plataforma de interoperabilidade pasaXe.
En xuño de 2014 a Xunta de Galicia aprobou o “Plan de Mellora da Contratación Pública” co obxectivo de acadar unha maior eficiencia e un maior aforro para a administración na contratación de servizos, obras e subministracións e unha redución dos trámites para o contratista, garantindo os pagamentos en tempo e forma, a concorrencia entre ofertas e a elección da mellor.