A Xunta incide na importancia do uso seguro e responsable das novas tecnoloxías na mocidade

image_gallery

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na importancia dun uso responsable e seguro das novas tecnoloxías coa fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na busca da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.

Alfonso Rueda inaugurou hoxe a decimo terceira edición das Xornadas de Nais e Pais Educando en Igualdade, que este ano están centradas sobre a Igualdade en videoxogos e smartphones, onde lembrou que a Xunta ten en marcha unha campaña para concienciar tanto á mocidade coma ás persoas adultas, dos perigos que ten difundir fotografías ou vídeos determinados a través de internet e das redes sociais

O número dous da Xunta indicou que é evidente que internet, os videoxogos e os smartphones son, hoxe, unha canle de socialización fundamental para a nosa mocidade, polo que é necesario ter unha vixilancia especial na labor educadora da familia sobre qué se lles está transmitindo aos xóvenes dende estes soportes.

Así, dende a secretaria xeral de Igualdade en colaboración ca dirección de Xuventude e Voluntariado púxose en marcha o pasado mes de novembro a campaña de sexting, “10 razóns para non practicar sexting”, sendo unha campaña pioneira en Galicia, que ten coma principal obxectivo actuar de xeito preventivo para erradicar os estereotipos machistas e concienciar á mocidade que os videoxogos e internet deben estar integrados na educación dos xovenes, especialmente, na educación en igualdade.

Ademais, está en marcha un Plan de Formación en diversos concellos galegos que ensinará a mozos e mozas o axeitado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercusións que poden ter determinados comportamentos de risco, e que denominamos «Violencia de xénero e o novo contexto dixital». Trátase de obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero, centradas no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.

Igualmente, e dando cumprimento aos obxectivos fixados no VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes: Estratexia 2013-2015, dende o mes de decembro estase a desenvolver formación específica para o persoal de todos os Centros de Información ás Mulleres e das casas de acollida para mulleres en situación de violencia de xénero de Galicia, sobre «Violencia de xénero e sexual en internet, redes sociais e smartphones: Coñecer, previr e actuar».

También te podría gustar...