A Xunta destaca que o programa Oportunius ofrece as mellores condicións para que os investigadores desenvolvan a súa carreira en Galicia

axencia-galega-de-innovacion

 

 

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela Rey, destacou hoxe que o programa Oportunius posto en marcha polo Goberno galego ofrece as mellores condicións para que un investigador desenvolva a súa carreira en Galicia. Varela inaugurou na Coruña a V Reunión Galega de Mozos Investigadores no Estranxeiro, celebrada na sede da Fundación Barrié, e organizada polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, en colaboración coa propia Fundación Barrié, a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular e as universidades da Coruña e de Santiago.

A xornada contou coa presenza de medio centenar de investigadores galegos, aos que o director de Gain trasladou que a oportunidade que supón o Oportunius para o talento da comunidade, coa meta de contratar ata 2020 a 24 investigadores de referencia, para que desenvolvan a súa carreira en Galicia. Se trata de acadar investigadores de gran proxección que xa son referencia nas súas áreas de coñecemento, ou están camiño de selo, e que foron recoñecidos a nivel europeo mediante unha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC). Con este obxectivo, a Consellería de Economía e Industria destinará máis de 4 millóns ata o 2020 para a súa contratación en centros de investigación galegos, atraendo 25 millóns en fondos europeos.

O programa quere situar a Galicia á vangarda investigadora, e mellorar a competitividade tanto científica como económica da comunidade, neste último caso mediante a transferencia de resultados da investigación ao mercado. O talento excelente, subliñou Varela, é clave para conseguir estas metas, polo que a Xunta porá a disposición destes investigadores un “contrato de investigador distinguido” con condicións de estabilidade e traballo á vangarda de España.

«Debemos poñer en valor a boa formación dos investigadores galegos», dixo Varela, que defendeu ademais xornadas como a celebrada na Barrié, que permiten sinalou, que os investigadores galegos de todo o mundo compartan as súas experiencias.

También te podría gustar...