A Xunta destaca o traballo das asociacións de voluntarios de Protección Civil na nosa Comunidade
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor destacou hoxe o bo traballo que levan a cabo as Asociacións de Protección Civil na nosa comunidade.
Luis Menor e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez participaron hoxe nas III Xornadas Provinciais de Protección Civil que tiveron lugar en Ourense no que incidiu o exemplo que son para a cidadanía, asumindo o compromiso de cooperar e a vontade de axudar aos demais.
Segundo destacou o director xeral, o voluntario de protección civil é unha persoa, polo tanto, con compromiso firme, que actúa de forma altruísta, na procura de axudar aos seus veciños polo que destacou a importancia que teñen no eido das emerxencia e a importancia que dende a Xunta se lle faciliten os instrumentos axeitados para o seu traballo.
Nesta liña, lembrou que o goberno galego está traballando para que dende os concellos se teña acceso ao Rexistro Electrónico de Plans de Autoprotección e poñendo en marcha os Plans de Emerxencia Exterior a través de simulacros coma o que se fixo este verán na planta de Cepsa en Maside.
Ademais, este ano incrementouse a dotación orzamentaria destinada ás emerxencia e a seguridade, o que vai permitir manter as axudas de 360.000 euros para as agrupacións de Protección Civil ademais dunha partida para equipamento e material, o que significa, segundo palabras de Luis Menor, a importancia que teñen no eido das emerxencias nosa comunidade os voluntarios de Protección Civil
Ademais, destacou tamén a especial importancia a formación continua dos membros de Protección Civil de Galicia o que redunda de maneira positiva para a cidadanía galega, xa que son un dos primeiros chanzos que se atopan os cidadáns cando ocorre unha emerxencia.