A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba axudas por importe de 89.000 euros para actividades deportivas na provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou axudas por importe de 89.000 euros para a realización de actividades deportivas na provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 16 de outubro.
A Xunta de Goberno ratificou o convenio de colaboración entre a Estación de Inverno Manzaneda SA e a Deputación de Ourense para a execución dun campamento de iniciación ao esquí para nenos e nenas da provincia, o ESQUIOU 2015, cun investimento de 71.000 euros. Outra das cuestións tratadas na Xunta de Goberno foi a solicitude ao Goberno do Estado da inclusión das deputacións como beneficiarias do Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) para a realización de actuacións en municipios de menos de 20.000 habitantes no período 2015-2020. Asemade aprobouse un recoñecemento extraxudicial de créditos de 59.877,14 euros.