A Xunta de Goberno aproba axudas para entidades sen ánimo de lucro, infraestruturas e educación
A deputada provincial de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, deu conta dos acordos da Xunta de Goberno da institución provincial correspondente ao día de onte, entre os que figura a resolución da convocatoria de axudas para entidades sen ánimo de lucro da provincia de Ourense para organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2015, e achegas para actividades formativas no ámbito musical e obras de infraestruturas en concellos da provincia, todo elo por importe de 330.687 euros.