A Xunta de Galicia destinará máis de 7,5 millóns de euros a axudas en indemnizacións compensatorias
A Consellería do Medio Rural e do Mar destinará, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), máis de 7,5 millóns de euros en concepto de axudas en indemnizacións compensatorias (IC). A maior parte desta cantidade, máis de 4 millóns de euros destinarase a zonas de montaña, mentres que a cantidade restante, 3,5 millóns, investirase noutras zonas desfavorecidas de montaña.
En total, máis de 6.700 agricultores e gandeiros poderán beneficiarse destas subvencións que se tramitaron a través da solicitude unificada do ano 2014. Ademais, cabe salientar que nas vindeiras semanas realizarase un novo pago destas axudas que permitirá que novos beneficiarios podan acceder a estas subvencións.
Indemnizacións compensatorias (IC)
Estas axudas pretenden indemnizar aos agricultores e gandeiros que viven en determinadas zonas desfavorecidas para compensar os factores naturais que inciden negativamente no rendemento das súas explotacións.