A Xunta de Galicia celebra o Día Europeo dos Parques Naturais con diversas actividades nos parques galegos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organiza diversas accións divulgativas e actividades para celebrar o Día Europeo dos Parques, que se conmemora o vindeiro venres 24 de maio. Os escenarios destas actividades serán os parques naturais de Galicia, cuxas actividade se prolongarán ata finais de mes.
No caso das illas Cíes, Sálvora e Cortegada, pertencentes ao arquipélago do Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Centro de Visitantes do Parque Nacional, na cidade de Vigo, as actuacións irán desde actividades de debuxo infantil ata cursos de formación de voluntariado para o seguimento de bolboretas no Parque nacional, sen esquecer a proxección de pezas audiovisuais como A rede de parques nacionais, dentro do Ciclo Cine en Verde ou un encontro cos gardas do parque, actividade dirixida para o público xeral.
Dende a Dirección Xeral de Conservación da Natureza destacan a celebración os días 20 e 21 a entrega dos premios aos colexios gañadores do concurso Mergúllate nas illas, programa educativo na zona de influencia socioeconómica. Os participantes teñen entre 10 e 11 anos, que irán acompañados dos guías dos parques, xunto cos seus profesores, realizarán marchas para coñecer os valores deste enclave natural e a importancia da proteccións destes espazos protexidos. Na seguinte lista detállanse as actividades, así como as datas de celebración:
Actividade |
Data |
Lugar |
Panel divulgativo sobre a Rede de Parques NaturaisActividade de debuxo infantil “Que hai nas Illas” | 24 ao 31 de maio |
Edificio Cambón |
Visita ao arquipélago de Sálvora |
18 de maio |
Sálvora |
Curso Formación de voluntariado para o seguimento de bolboretas no parque nacional das Illas Atlánticas | 18 e 19 de maio |
Edificio Cambón |
Visita dos gañadores do concurso Rumbo ás Illas | 20, 21 e 22 de maio |
IIlas Cíes |
Proxección “A rede de parques nacionais”. Ciclo Cine Verde | 22 de maio |
Edificio Cambón |
Actividade Encontro co guarda |
24 de maio |
Illas Cíes |
Actividade didáctica con alumnos da ESO |
26 de maio |
Edificio Cambón |
Visitas ás illas dun grupo de educación primaria | 28 de maio |
Illas Cíes |
Visitas á Illa de Cortegda |
Do 18 ao 31 de maio |
Cortegada |
Actividade limpeza dos fondos mariños na Illa de Sálvora | A partir do 20 de maio |
Sálvora |
Os interesados en participar nestas actividades deben facer a inscrición previa a través da páxina web:www.parquenacionalillasatlanticas.com e https://es-es.facebook.com/ParqueNacionalIslasAtlanticasDeGalicia. Nestes portais tamén poden acceder a máis información.
As actividades que se celebrarán noutros parques centraranse en xornadas de portas abertas, para coñecer o funcionamento dos mesmos, así como diversas xornadas formativas con centros escolares dos concellos nos que se ubican os parques. Na seguinte táboa, poden consultar a programación de actos elaborada para conmemorar dita data.
Parque Natural | Actividade |
Data |
Monte Aloia |
Xornadas de portas abertas |
Do 22 ao 25 de maio |
Cidade de Ourense |
Semana de divulgación dos parques naturais en centros escolares da cidade de Ourense | Do 18 ao 22 de maio |
Baixa Limia-Serra do Xurés |
Charlas-obradoiro de especies protexidas nos centros escolares de concellos do parque | Do 18 ao 22 de maio |
Baixa Limia-Serra do Xurés |
Charla aos visitantes do parque sobre os espazos protexidos as 10:30 h na sede do parque en Lobios | 23 de maio |
Baixa Limia-Serra do Xurés |
Observación dos valores do parque no Val do Salas ás 11:30h | 23 de maio |
O Invernadeiro |
Actividades de educación ambiental, roteiros guiados a grupos escolaresIES A Xunqueira (Pontevedra) e CEIP Cruceiro (Sanxenxo) | Do 18 ao 24 de maio |
O Invernadeiro |
Roteiro guiado aos visitantes do parque |
24 de maio |
Serra da Enciña da Lastra |
Charlas divulgativas dos parques naturais en centros escolares da comarca de Valdeorras | Do 18 ao 22 de maio |
Serra da Enciña da Lastra |
Xornadas de portas abertas no Centro de visitantes de Biobra | Do 24 e 30 de maio |
Serra da Enciña da Lastra |
Recepción do CEIP de Vilamartín de Valdeorras no Centro de Interpretación-Centro de Visitantes de Biobra | 20 de maio |
Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán | Xornadas de celebración do día Europeo dos parques: 19 de maio IES O Grove (Pontevedra), Compañía de María Cangas (Pontevedra), 21 maio CEIP Santiago Apóstol Narón ( A Coruña), CEIP Arzúa ( A Coruña) | Do 19 ao 22 de maio |
Fragas do Eume |
Xornadas de celebración do día Europeo dos parques cos CEIPS de Culleredo, Bergondo, Cedeira e Santiago de Compostela. | Do 19 ao 22 de maio |
Parques en Galicia
En Galicia existen seis parques naturais, entre os que destaca o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, que beneficia aos concellos de Vigo, Ribeira, Bueu, e Vilagarcía de Arousa e conta cunha superficie de 8.332,80 hectáreas (1.194,80 ha terrestres e 7.138 ha mariñas).
En todas as illas existen zonas de reserva para a cría de aves mariñas que o visitante ten respectar. Os sistemas naturais representativos do Parque son as zonas costeiras e a plataforma continental atlántica e a vida vexetal está condicionada polos ventos cargados de salitre. A flora máis representativa está en acantilados e dunas, abundan as toxeiras e as rarezas do Parque son a camariña, a xesta de Ons e as flores chamadas paxariños da Linaria arenaria (pequena planta anual propia das dunas estabilizadas).
Gran parte dos animais terrestres tamén dependen do mar, numerosas colonias de aves, sobre todo, e gaivota de pata amarela e corvo mariño moñudo. No mar, existe a posibilidade de avistamento de cetáceos como o rorcual común que no verán frecuentan estas augas. Ademais, no medio mariño son importantes as comunidades de algas pardas.
Así mesmo, existen outros parques como:
Monte Aloia. Declarado en 1978, está no Concello de Tui e conta cunha superficie de 746,29 ha. Foi o primeiro parque natural declarado en Galicia.
Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Declarado no 1992, cunha superficie de 996,25 ha no municipio de Ribeira. Destaca pola súa gran duna móbil, a duna de Olveira, polas súas lagoas, a de Carregal de auga salgada e a de Vixán, de auga doce, e tamén pola súa praia, franxa costeira con catro denominacións: Ladeira-Ferreira (1.350 metros); A lagoa (2.900 m); O Vilar (220 m) e Anquieiro (750 m).
Baixa Limia-Serra do Xurés. Declarado no 1993. Concellos de Entrimo, Lobios, Muíños, Bande, Calvos de Randín e Lobeira, cunha superficie 29.345 ha. Este parque é compartido con Portugal, onde ostenta a figura de parque nacional.
O Invernadoiro. Declarado no 1997. Concello de Vilariño de Conso. Superficie 5.722 ha. É o único parque de Galicia que nunca foi habitado.
Fragas do Eume. Declarado no 1997. O conxunto de fragas que constitúen o bosque atlántico costeiro mellor representado de Europa. Beneficia aos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume, ocupa unha superficie de 9.125 ha.
Serra da Enciña da Lastra. Declarado no 2002. Concello de Rubiá. 3.152 ha. Paisaxe única onde a acción dos ríos nas rochas calcáreas moldean cañóns entre altos picos. Zona para sendeiristas, vestixios prerrománicos, calzadas romanas, e sobre todo numerosas enciñas.
A esta rede de parques tamén se unen unha serie de centros e aulas da natureza dende as que realiza as campañas divulgativas dos espazos que as aloxan e da actividade de conservación de especies que desenvolve. Trátase de actividades de educación ambiental sobre as que ten atribuída a competencia.