A Xunta celebra en Ourense cursos de formación para previr a violencia de xénero en redes sociais e smartphones os que acudirán membros do CIM do Barco

logocim  

A Xunta celebra en Ourense cursos de formación para previr a violencia de xénero en redes sociais e smartphones.

  • O curso abranguerá asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullyng
  • Hai 25 participantes dos CIMs da provincia de Ourense e da Unidade de Igualdade e do Servizo de Familia e Menores da delegación territorial
  • O profesorado pertence a ‘Pantallas Amigas’, una entidade amplamente recoñecida que desde 2010 centra o seu traballo  en combater a  Ciberviolencia de xénero
  • A titular de Igualdade, Susana López, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez,  visitaron aos participantes deste curso
  • A semana pasada o Goberno galego puxo en marcha una campaña pioneira sobre os perigos da práctica do ‘sexting’, especialmente enfocada á mocidade

 

3-2-14Curso Igualdade  

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial en Ourense, Rogelio Martínez, asistiron  esta mañá ao inicio dos cursos de formación especializada que Igualdade impartirá no edificio Administrativo da Xunta na cidade das Burgas entre os/as profesionais dos CIMs para tratar e formar sobre a violencia de xénero e sexual a través das novas tecnoloxías.

Baixo o título “Violencia de Xénero e Sexual en Internet, Redes Sociais e Smartphones: Coñecer, Previr e Actuar” o obxectivo deste curso é seguir achegando coñecementos para a mellora na atención e a intervención por parte dos/das profesionais que en Galicia traballan con mulleres e menores que sofren violencia de xénero.

De feito, a iniciativa enmarcase dentro das actividades de formación que celebra a Secretaría Xeral da Igualdade periódicamente e que da cumprimento a un dos obxectivos do VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Este curso desenvolverase nas catro provincias galegas. Así, logo de celebrarse en Ourense terá lugar en Vigo, os días 9 e 10 de decembro, para rematar en Santiago de Compostela, os días 11 e 12 de decembro.

A actividade ten una duración de 20 horas lectivas -10 presenciais e 10 online- e está impartida polo persoal de ‘Pantallas Amigas’, una entidade amplamente recoñecida polo seu traballo no eido dixital e que desde 2010 centrase en combater a  Ciberviolencia de xénero.

O contido do curso abranguerá asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullying; ademais de afondar nas características da Rede o uso seguro de internet, as redes sociais de uso máis común entre as mozas e mozos galegos, seguridade e privacidade nos Smartphones, aspectos legais e ciberdelitos, etc.

No caso concreto de Ourense hai  25 participantes que veñen da Unidade de Igualdade e do Servizo de Familia e Menores da delegación territorial e dos CIMs da provincia. Concretamente, asiste persoal dos CIMs da Mancomunidade Terra de Celanova, da Mancomunidade do Ribeiro e dos concellos de Pobra de Trives, Avión, O Barco de Valdeorras, Maceda, Verín, Xinzo de Limia e da capital.

 

 

También te podría gustar...