A Xunta Festival Internacional Rebulir de baile e música tradicional

rebulir

 

A Xunta de Galicia apoia a celebración do IX Festival Internacional Rebulir (FIR) de baile e música tradicional que se desenvolverá mañá sábado, día 20 de decembro, na localidade ourensá de Ramirás coa participación de 7 agrupacións  de distintas procedencias. Os grupos galegos Rebulir (Ramirás), Escola Xirondiña (Pontedeva), A Pontevella (Teo) e Puntada sen fío protagonizan esta cita ourensá xunto con outras catro formacións doutras comunidades españolas, Portugal e Senegal.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou hoxe na rolda de prensa do festival, na que explicou que o FIR un dos eventos folclóricos subvencionados polo departamento autonómico dirixido por Xesús Vázquez. Ademais, o Goberno galego tamén apoia á asociación Rebulir -organizadora deste certame- a través de subvenvións concedidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Rogelio Martínez compartiu o acto co vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López; e o coordinador de actividades da Asociación Rebulir, Alexandre Sotelino. O máximo representante do Goberno galego en Ourense desexoulle éxito aos organizadores do festival  dedicados dende hai nove anos ao labor de achegar o folclore aos veciños de Ramirás, e por extensión, da provincia de Ourense.

También te podría gustar...