A Xunta activa a segunda fase do programa de venda de solo empresarial con 66.151 m2 en O Barco
A Xunta activa a segunda fase do programa de venda de solo empresarial con 428.000 metros cadrados bonificados ata no 50%, dos cales 66.151 m2 en O Barco.
O programa establece descontos do 50% nos parques empresariais das Zonas Impulsa -Ourense, Ferrolterra, Lugo e Costa da Morte-, así como para os concellos fronteirizos con Portugal, mentres que no resto do territorio a bonificación é do 30%.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocou hoxe, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o concurso de venda de solo empresarial da súa propiedade con prezos bonificados, medida que se inclúe dentro de Axenda da Competitividade. A resolución publicada hoxe supón o punto de partida da segunda fase do programa de solo empresarial a prezos bonificados, logo do concurso convocado en xaneiro pasado pola empresa pública Xestur. Pódese ver a resolución publicada hoxe no DOG a través da web http://www.xunta.es/dog
O IGVS aplicará bonificacións do 30 ou 50 por cento sobre os prezos de venda de 221 parcelas de solo empresarial da súa propiedade, emprazadas en 20 parques empresariais e cunha superficie total de 428.149,53 metros cadrados, segundo a seguinte distribución:
Parque empresarial |
Número de parcelas |
Superficie total m2 |
Porcentaxe de bonificación % |
Prezo máximo €/m2con bonificación |
PROVINCIA DA CORUÑA |
||||
As Somozas |
4 |
68.600 |
50 |
10,56 |
Carballo (Bértoa) |
1 |
1.452 |
50 |
35 |
Culleredo (Alvedro) |
1 |
4.700 |
30 |
6 |
Melide (fase I) |
2 |
4.680 |
30 |
35,62 |
Pontedeume |
3 |
7.094 |
50 |
20,40 – 24,23 |
PROVINCIA DE LUGO |
||||
Bóveda (2ª fase) |
6 |
4.643 |
50 |
9,42 – 11,71 |
Lourenzá (2ª fase) |
12 |
13.382,46 |
50 |
21,37 – 22,33 |
Monforte (Porto Seco) |
9 |
27.769 |
50 |
26 – 36 |
Monterroso |
48 |
58.031 |
50 |
17,20 – 18 |
Palas de Rei |
7 |
4.927,92 |
50 |
18 – 19,46 |
Quiroga |
3 |
2.679 |
50 |
9,62 – 10,58 |
Xermade (2ª fase) |
12 |
11.126 |
50 |
10,13 – 12,75 |
PROVINCIA DE OURENSE |
||||
O Barco de Valdeorras (2ª-3ª fases) |
25 |
66.151 |
50 |
28 |
Carballiño (2ª fase) |
9 |
35.335,87 |
50 |
15,63 – 31,29 |
Celanova |
1 |
3.274 |
50 |
14,63 |
Ribadavia (pol. 1-2) |
6 |
8.155,76 |
50 |
20,25 – 30,40 |
PROVINCIA DE PONTEVEDRA |
||||
Verín (Pazos) |
8 |
23.086,08 |
50 |
31,50 – 34 |
San Cibrao das Viñas (Cidade do Transporte) |
3 |
40.053 |
50 |
25,50 – 38,25 |
Lalín (Lalín 2000 fase 1) |
1 |
2.193 |
30 |
42 |
Ponte Caldelas (Cidade do Transporte) |
60 |
40.816,44 |
30 |
45,36 – 45,50 |
O prego de condicións do concurso e a relación de parcelas incluídas no mesmo e as súas características pódese consultar na web do IGVS (www.igvs.es)
Vendas de Xestur
Por outra banda, cómpre salientar que a primeira fase do programa de venda do solo empresarial, que bonifica o prezo do solo da empresa pública Xestur, xa permitiu adxudicar este ano 113 parcelas, o que supón unha superficie total de 262.934,54 metros cadrados, cun prezo de venda de máis de 10.961.809,97 euros. O importe das bonificacións aplicadas acada os 8.759.464,25 euros, o que supón unha bonificación media de preto do 45%.
As vendas de Xestur en só cinco meses de 2015 case acadan a superficie vendida pola empresa pública en todo o ano 2008, cando se que venderon 282.000 metros cadrados.
Polos datos achegados polos solicitantes de parcelas estímase que o investimento total a realizar polas empresas adquirentes superará os 172 millóns de euros e os postos de traballo creados, directos e indirectos, será de máis de 5.700.
Proxectos e licenzas
Malia o pouco tempo transcorrido dende a adxudicación, as empresas que adquiriron máis do 42% das parcelas adxudicadas por Xestur están xa traballando cara á súa instalación nas mesmas.
A día de hoxe, unha desas empresas xa dispón de licenza de obra concedida polo correspondente concello, mentres outras seis empresas (que adquiriron nove parcelas) contan con proxecto de execución e teñen solicitada a licenza de obras e 34 empresas (38 parcelas) teñen en redacción os proxectos de edificación.