A Xornada sobre Transparencia que organiza a Deputación de Ourense analiza as relacións entre política, economía e acceso á información

Manuel Baltar, na Xornada sobre Transparencia

Manuel Baltar, na Xornada sobre Transparencia

 

Manuel Baltar dixo no acto inaugural que a transparencia “é o camiño”, e destacou a importancia de que os gobernos “sexan transparentes e previsibles en favor dos cidadáns”. 

A xornada conta coa participación de máis de cen representantes e técnicos locais e ten como obxectivo sensibilizar aos gobernos locais sobre a importancia de implementar melloras no ámbito da transparencia, a comunicación e a participación cidadá 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto inaugural da “Xornada sobre transparencia e gobernos locais” que se celebrará no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, que a transparencia “é o camiño para que entre todos consigamos unha sociedade máis participativa e unha mellor comunicación por parte dos gobernos coa cidadanía”, e destacou a importancia de que os gobernos “sexan transparentes e previsibles”, lembrando que a Deputación de Ourense puxo en marcha de iniciativas que teñen sido as primeiras que un goberno provincial desenvolve en España: o Código Ético e a Ordenanza de Transparencia, lembrando que a institución provincial ourensá figura entre as tres primeiras de España en Transparencia, segundo certifica Transparencia Internacional, e conta co Plan de xestión e estratexia operativa OURENSE 92.

Manuel Baltar dixo que a transparencia “é unha liña estratéxica institucional da Deputación de Ourense, unha “marca” que queremos trasladar aos gobernos locais da provincia para conciencialos da importancia de realizar unha labor seria, responsable, ambiental e transparente, compartindo toda a información cos cidadáns”. E avanzou que nos orzamentos de 2015 –que se aprobarán este mes de outubro- “contemplarase a creación, dentro da nosa estrutura, dunha unidade específica de Transparencia, co cal a Deputación de Ourense será a primeira administración en contar cunha unidade deste tipo”.

Xornada sobre Transparencia

“Todas estas son ferramentas pensadas en favor dos cidadáns, para facer máis participativa a nosa xestión e así mellorar en comunicación e eficacia”, explicou o presidente provincial nunha xornada que se está a retransmitir integramente por Internet a través das web da Deputación de Ourense e da Fundación Democracia e Gobeno Local, co-organizadora do evento xunto coa deputación ourensá.

Precisamente, o xerente da Fundación Democracia e Goberno Local, José Luis Moreno Torres, destacou o papel que no ámbito da Transparencia está a realizar a Deputación de Ourense “á vangarda dos gobernos provinciais de España”, dixo, e subliñou que este encontro “serve para aborda temas que están de máxima actualidade e relevancia no ámbito da transparencia, como son as relacións da política, a economía e a información coa transparencia”, para o cal, ao longo desta mañá participan destacados relatores.

A xornada conta coa participación de máis de alcaldes, concelleiros e secretarios dos municipios da provincia de Ourense e ten como obxectivo sensibilizar e promover nos gobernos locais melloras no ámbito da transparencia, a comunicación e a participación cidadá, coa finalidade de favorecer unha mellor información pública.

Os relatorios abordan temas como “O valor político e económico da Transparencia”, impartido por Enrique Varela Álvarez, profesor da Universidade de Vigo e membro do Comité de Ética; e tamén se fala de “Transparencia e acceso á información pública”, a cargo de María Esperanza Zambrano, subdirectora xeral de Normativas e Documentación Parlamentaria do Ministerio de Presidencia. O programa complétase co relatorio sobre “os gobernos locais ante a Lei de Transparencia”, a cargo de Marcos Almeida, profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, e Isaac Martín, profesor da mesma materia na Universidade de Castela-A Mancha.

 

También te podría gustar...