‘A voz do silencio’ en Sober
- O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober programan un concerto de piano para este sábado
- A actuación forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ e será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober
A soprano Mireia Tarragó e a pianista Carmen Santamaría presentan o sábado en Sober o seu espectáculo ‘A voz do silencio’. O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.
O concerto
Ao longo da historia, a muller foi en diversas ocasións subestimada en prol da figura masculina, a mercé da vontade do pai ou baixo a sombra do marido ou irmán. Para romper con este estigma, as dúas músicas pretenden dar igualdade a unhas e outras, con cancións compostas por mulleres tomando poemas de homes, homes que compuxeron tomando poemas de mulleres, e homes inspirados en personaxes femininos de diferente índole. A súa insignia é a difusión e equiparación da presenza feminina no panorama artístico actual. Engaden unha particularidade máis a esta proposta. Unha compositora e un compositor que sufriron a persecución e o horror nazi. Aos dous arrebatóuselles a vida e a voz… Viktor Ullmann e Ilse Weber, dous prisioneiros no campo de concentración de Theresianstadt, ambos asasinados en Auschwitz. Con este concerto queren volver dar voz a artistas que, por un ou outro motiva, foron silenciadas.
As músicas
Comezan a súa traxectoria como dúo en 2016, sendo ambas as alumnas da ESMUC co profesor Francisco Poyato. Actúan en Artte, MNAC e Goethe Insitut. En 2019 retoman a súa actividade como dúo actuando en Castro Urdiales e Santander dentro do proxecto ao redor da figura do compositor cántabro Arturo Dúo Vital da artista visual Inés García «Seis cancións populares montañesas». A partir deste proxecto nace o seu primeiro disco da integral das obras do compositor «Arturo Dúo Vital, unha voz en branco e negro» estreando en xaneiro de 2021. En decembro de 2019 foron seleccionadas para participar no concurso internacional de París «Nadia et Lili Boulanger». Tamén participaron xuntas no concurso O Primeiro Palau de Barcelona, no cal foron galardoadas.
Programa
Pauline Viardot: Twelve songs after poems by Pushkin, Fet and Turgenev (selección)
Robert Schumann: Sieben Lieder nac Elizabeth Kulmann, op. 104 (selección)
Clara Schumann: Sechs Lieder, op. 13 (selección)
Alma Mahler: Fünf Lieder (selección)
Francis Poulenc: Métamorphoses, Louise de Vilmorin
Matilde Salvador: Voces doutro beira (selección)
Viktor Ullman: Drei jiddische Lieder ( Breulinka) (selección)
Ilse Weber: Wiegala; Und der Regen rinnt
Kurt Weill: Nanna’ s Lied