A VI Xornada de Cirurxía en Directo converte ao CHUO novamente en referente nacional
- O CHUO referencia para o aprendizaxe das masi modernas técnicas de ciruxía colorectal sen necesidade de ingreso
- A “VI Xornada de Cirurxía en Directo” reúne en Ourense a especialistas de toda a península e Italia para aprender as últimas técnicas proctolóxicas
- A principal vantaxe deste sistema formativo é que permite seguir as intervencións en directo por videoconferencia e interactuar cos especialistas de quirófano
- As limitacións de espazo obrigan a fixar o aforo en 80 profesionais pese a alta demanda de asistencia que se rexistra en cada edición
Por sexto ano consecutivo, a Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica en Directo, organizada pola Unidade de Cirurxía Coloproctolóxica, convertíu onte ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense en referencia nacional, para a docencia das mais modernas técnicas cirúrxicas da especialidade, este ano centradas na Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA) ou sen ingreso de intervencións Proctolóxicas.
A proctoloxía é unha especialidade da Cirurxía Xeral que trata do diagnóstico e tratamento, sexa cirúrxico ou non, das enfermidades que afectan ao tramo final do tubo dixestivo (recto e ano). Na súa práctica diaria, ten especial relevancia, pola súa gran incidencia na poboación, patoloxías como hemorroides, fisuras e fístulas de ano e o sinus pilonidal, ou quiste sacro.
O desenvolvemento da Cirurxía Maior Ambulatoria, xa de plena aplicación na maioría de especialidades cirúrxicas, víu ralentizado seu desenvolvemento nesta especialidade polo temor á dor postoperatoria e tamén, en menor medida, ao risco de sangrado ou infeccións. Non si, o avance nos métodos de control, tanto da dor como das infeccións, plantexan de novo a plena aplicabilidade da CMA nesta especialidade, co obxectivo de trasladar aos seus pacientes as vantaxes do tratamento cirúrxico ambulatorio.
Velaí o interese en incorporar os últimos avances á práctica clínica da cirurxía proctolóxica ambulatoria, xa que xunto aos beneficios de cara ao paciente, este sistema aporta mais que contrastadas vantaxes para o propio sistema sanitario.
Menor incidencia e reincorporación precoz
As intervencións cada vez menos invasivas, e que por tanto requiren de menor ingreso ou limitan este a unhas horas, pretenden a curación destas enfermidades co menor impacto para o paciente, ademais de facilitar a reincorporación precoz á súa actividade habitual.
Os procedementos cirúrxicos proctolóxicos poden e deben realizarse en réxime ambulatorio dentro dunha atención sanitaria de calidade, tanto desde o punto de vista técnico-sanitario como de seguridade do paciente e psicosocial.
Nesta sexta edición da xornada, realizaronse oito intervencións cirúrxicas en directo nos dous quirófanos integrados (ou intelixentes, con plena conectividade tanto de redes como de audio/vídeo) do CHUO, con retransmisión en directo de imaxe e son á Sala Docente, o cal permite a interacción entre os participantes e o equipo cirúrxico durante o transcurso das mesmas.
Na sesión prevista para esta afondouse nas distintas técnicas practicadas, súas indicacións e resultados. Asemade, revisouse a experiencia e a evidencia acumuladas sobre os aspectos organizativos prácticos, da proctoloxía en CMA, con especial atención á selección de pacientes, preparación preoperatoria, seguridade do paciente, necesidades de material específico, tratamento e seguimento postoperatorios.
Desde seu inicio, de xeito pioneiro en Galicia, estas xornadas contan sempre con gran interese por parte dos especialistas, xa que permiten cubrir tanto os aspectos prácticos como teóricos, no marco dun foro de comunicación e debate continuado e aberto a todos os asistentes. Debido as limitacións de espazo da sala de docencia, o aforo está limitado a 80 asistentes, entre os que se atopan cirurxiáns de toda a península e este ano tamén de Italia.