A Veiga crea a primeira rede de sendeiros de alta montaña de Galicia
- O Concello de A Veiga inviste más de 50.000 € en homologar a primeira rede de sendeiros de alta montaña
O Concello de A Veiga crea unha nova rede de sendeiros homologados con características diferenciadas do resto do sendeiros galegos existentes: será a primeira rede de sendeiros de alta montaña de Galicia.
A súa alta cota servirá para atraer a sendeiristas e montañeiros que poderán desfrutar do teito de Galicia e dos únicos dous miles da nosa comunidad autónoma con maior facilidade. A inversión terá como obxeto non so a homologación dos sendeiros senon tamén a limpieza e sinalización dos mesmos.
O proxecto consiste na creación dunha ruta de sendeiros conectados entre eles a unha cota superior aos 1.000m, todo xestionado a través da correspondente homologación da Federación Galega de Montañismo.
Para tal efecto nos vindeiros días comeza o acondicionamento e homologación das seguintes rutas conectadas entre si:
- Ruta Pena Trevinca (Por Pico Maluro)
- Ruta Pena Trevinca (Por Meladas)
- Ruta Circular Lagoas Glaciares Ocelo e a Serpe
- Ruta Integral Serra Calva
Cun orzamento total que ascende a 52.961,53€ subvencionado integramente por Turismo de Galicia a través das axudas convocadas para infraestruturas turísticas e sinalización dos recursos turísticos.
Este proceso pretende organizar e por en valor os recursos existentes e tirar de agora xa dous elementos diferenciadores en toda Galicia, posuír a montaña máis alta de Galicia, Pena Trevinca e ser o primeiro Destino Turístico Starlight.