A veciñanza de Parteme, en Quiroga, recupera unha fonte centenaria

  • O pasado sábado 12 de febreiro a Asociación de Veciños de Parteme desbrozou o acceso e limparon a coñecida como “Fonte da Pena dos Ramos”, primeira que houbo nesta aldea, sendo esta a única fonte recoñecida nos planos da comunidade de montes do Nocedo

 

A Asociación de Veciños de Parteme es un colectivo cuns cinco anos de vida que traballa por mellorar este núcleo rural da parroquia do Nocedo, no Concello de Quiroga. Ante a “pasividade” e “deixadez” do concello tras varias peticións de melloras decidiron “poñernos mans á obra” e empezar a facer traballos pola súa conta. 

 

O pasado 12 de febreiro varios veciños, concretamente sete, fixeron un traballo enorme de limpeza de monte para facer visible e adecentar unha fonte centenaria, a Fonte da Pena dos Ramos”, sendo esta a única fonte recoñecida nos planos da comunidade de montes do Nocedo. É a primeira que houbo en Parteme, onde viñan lavar a roupa e coller auga potable os veciños, está a uns 350 metros das casas e estaba totalmente a monte.

 

Tras a limpeza, todos os veciños aledáronse moito, houbo xente emocionada incluso de ver todo limpo e de poder chegar á fonte. Recibiron felicitacións, tamén de xente que está fóra (despois de ver as fotos nas redes sociais e nos whatsapp). 

O traballo, que levou case todo o día, consistiu en desbrozar o camiño de acceso que estaba a monte total, e adecentar o lugar propio da fonte, onde o caño. 

 

Este foi o primeiro traballo comunitario deste ano e xa están pensando nos seguintes.

Hai moito que facer neste pobo, non podemos deixalo abandonar e seguimos esperando a que o Alcalde se reúna coa asociación para escoitar ao pobo de Parteme e atender as nosas peticións de limpezas de camiños e outras melloras e infraestruturas

 

También te podría gustar...