A ultramaratoniana Mariluz Viñas chega ao final do Camiño de Santiago tras percorrer 15 etapas de 52 quilómetros

  • A directora de Turismo de Galicia e a subdirectora xeral de Deporte recibiron onte á ultramaratoniana que finalizou con éxito ‘El reto del Camino’ ao chegar á Praza do Obradoiro tras percorrer 780 quilómetros do Camiño de Santiago
  • A iniciativa tiña un fin solidario xa que cada quilómetro superado converteuse nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución dominicana sen ánimo de lucro que axuda a nenos con cáncer
  • A directora de Turismo de Galicia transmitiu a súa admiración e recoñecemento a Mariluz polo reto acadado e destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combinou os valores do Camiño de Santiago cos do deporte e a solidariedade
  • Nava Castro sinalou que a Ruta Xacobea continúa rexistrando unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos superando no que vai de ano a cifra de peregrinos que recolleron a súa Compostela no pasado ano 2014

portada_1223 (1)

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa subdirectora xeral de Deporte, Laura Mosquera, recibiron onte á ultramaratoniana Mariluz Viñas que finalizou con éxito ‘El reto del Camino’ ao chegar á Praza do Obradoiro tras percorrer 780 quilómetros do Camiño de Santiago.

A través do proxecto esta peregrina de excepción realizou o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso 52 quilómetros ao día da Ruta Xacobea, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.

En declaracións aos medios, a directora de Turismo de Galicia transmitiu a súa admiración e recoñecemento a Mariluz polo reto acadado e destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combinou os valores do Camiño de Santiago cos do deporte e a solidariedade.

Nava Castro sinalou que o proxecto contribuíu a continuar promocionando o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño de Santiago continúa rexistrando unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos destacando que no que vai de ano xa superouse a cifra de peregrinos que recolleron a súa Compostela no pasado ano 2014. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas”, explicou Nava Castro.

que_es_el_reto_del_camino_1

Fin solidario
A iniciativa tiña un fin solidario xa que cada quilómetro superado converteuse nun euro destinado á Fundación St. Jude.

Esta institución dominicana sen ánimo de lucro apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.

También te podría gustar...