A totalidade das camas do CHUO, operativas

  • O Complexo Hospitaralio de Ourense ten operativas a totalidade das súas camas e conta con recurso e personal para atender as urxencias
  • O Servizo de Urxencias está a atender con normalidade á media habitual de pacientes
  • O CHUO rexistra un aumento da estanza media dos pacientes ingresados e conseguintemente unha alta ocupación, o que en momentos puntuais ralentiza o ingreso en planta dos pacientes, sempre atendidos en espazos e con medios axeitados

 

CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ten operativas o 100% das súas camas e plena capacidade de atención e hospitalización de pacientes, tanto urxentes como de ingreso programado, sen problemas asistenciais en urxencias nin aumento de urxencias atendidas.

A hospitalización baséase no equilibrio entre os pacientes que ingresan (urxentes e programados) e os que son dados de alta, polo que cando aumenta estanza media (media de días no hospital dos pacientes) ou se reducen as altas, a ocupación de camas pode retrasar o traslado ás habitacións dos pacientes que entraron por urxencias.

Urxencias é un dos principais accesos ao hospital, polo que en ocasións, cando tras ser atendidos se consiera deben ingresar, permanecen un tempo limitado no servizo, ata seu traslado a unha habitación. Para axilizar estes traslados internos dentro do hospital, evitando súa permanenza en Urxencias, o CHUO conta con distintas unidades, con camas de preingreso ou tránsito, que permiten atendelos SEMPRE EN CONDICIÓNS ASISTENCIAIS AXEITADAS ata seu traslado á habitación.

Na actualidade no CHUO as camas de hospitalización están divididas entre dous edificios separados, o que dificulta o traslado as habitacións -por ter que facelo en ambulancia- Ademais, e pese a que o Santa María Nai conta habitualmente con camas libres, non todos os pacientes ingresados por urxencias poden ser hospitalizados alí, xa que seguindo os criterios médicos marcados polos diferentes servizos como Medicina Interna, Dixestivo, Cardioloxía etc.. precisan doutros servizos situados no Cristal. Todo elo terá unha SOLUCIÓN DEFINITIVA COA APERTURA DO NOVO EDIFICIO DE HOSPITALIZACIÓN que por fin unirá nun único centro aos pacientes hospitalizados.

También te podría gustar...