A Rúa terá unha escola de inglés
- O Concello suscribiu un acordo cunha empresa para que se imparta ista ensinanza e a partires do xoves está aberta a preinscripción na Casa Consistorial
O Concello da Rúa vén de subscribir un acordo de colaboración coa empresa Get Brit! polo que esta última establecerá a ensinanza do inglés no termo municipal no próximo curso académico. A sinatura do convenio tivo lugar entre a alcaldesa, Maria González Albert e Rodrigo Velasco Magadán, representante de Get Brit na zona.
A partires do xoves 26 de maio iniciarase o proceso de preinscrición, que se alongará ate finais do mes de agosto de 2016. Está previsto que as aulas comecen o 3 de Outubro de 2016. Con este acordo de colaboración, o Concello pretende facilitar aos veciños e veciñas da Rúa e arredores o acceso á formación en inglés.
Get Brit! é unha empresa consolidade no sector que xestiona Escolas de Idiomas en máis de 200 localidades en todo o Estado. Entre os seus principais obxectivos atópase o de preparar ao alumnado para que sexa capaz de comunicarse noutro idioma de xeito fluído e capacitalos para obter a certificación oficial establecida no Marco Europeo de Referencia das Linguas, xa que Get brit! é Centro Oficial Examinador.
A partir do xoves 26 todas e todos os interesados en mellorar o seu inglés e obter un certificado oficial acreditativo do mesmo poden achegarse ate a Casa do Concello da Rúa e realizar a preinscrición.