A Rúa, pechada perimetralmente ás portas do Nadal

  • O subcomité clínico que asesora á Xunta decidiu tomar esta decisión ante a mala evolución de datos desta localidade

 

  • A Rúa pasa ao nivel medio-alto de restricións segundo se soubo esta mañá tras a reunión de expertos que asesoran á Xunta de Galicia de cara a tomar medidas de contención do coronavirus

Previsiblemente, hoxe será o último día no que a hostalería poderá servir ceas, co que as normas provisionais derivadas da nova situación deixarán abrir o sector só ata as 17:00 h. cun aforo do 30% no interior e do 50% en terrazas, sempre con mesas que non superen as catro persoas.

A nova situación implica tamén o ‘peche perimetral’ que afecta á veciñanza. Esta non poderá saír da localidade agás por motivos de saúde, laborais, educativos, sanitarios como coidar a dependentes, ou por forza maior. En canto ás reunións non se permitirá xuntarse a máis de catro persoas.

A Rúa estaba xa no punto de mira sanitario do comité clínico e todo indicaba que estaba escapando do perigo pero a aparición de novos casos nos últimos días –na actualidade fálase de 19 casos- levou aos expertos a propoñer estas medidas máis restritivas.

También te podría gustar...