A Romería da Tuíza en Lubián para o derradeiro fin de semana do mes
Fin de semana festivo teremos os vindeiros días 26, 27 e 28 no Concello de Lubián xa que celebrarase a Romería da Tuíza.
Dende o venres ata o domingo, haberá un amplio abanico de actividades.
O venres comezarán as festas coa celebración dunha verbena a cargo da orquesta Filadelfia. O sábado, na Praza Nova da Fontarbela ás 0:00h haberá outra verbena da man da Orquesta ACHÉ.
Para o domingo, o día grande con máis peso relixioso, faráse a apertura da Feira ás 11:00h dará comezo a xornada festiva.
Na actividade relixiosa, ás 12:00h celebrarase a Primeira Misa que será seguid unha hora despois pola celebración da Misa Maior e Procesión que acompañarase da música da Banda ‘As Portelas’.
Xa polo xerán, ás 17:00h farase a presentación de Disco e Concerto de Emilio Rúa e Cantareiras Xestreu.
A verbena comezará ás 18:00h coa presencia da orquesta Fin de Siglo.
Ás 21:00h procederase ao din de festa coa degustación de vitela asada ao ‘burduntzi’ por Karlos Ibarrondo.
Esta Rmoería celebrarase dentro do ‘Verán Cultural 2014’ que ven de realizar este concello ao longo dos últimos meses.