A Ribeira Sacra protagonista do programa ‘Volando Voy’ de Jesús Calleja

  • A Deputación impulsa a promoción da Ribeira Sacra ao situala como protagonista do programa «Volando voy»
  • Manuel Baltar visitou ao presentador, Jesús Calleja, e ao equipo técnico durante a rodaxe, que están a realizar no Canón do Sil e noutros enclaves das provincias de Ourense e Lugo
Jesús Calleja e Manuel Baltar

Jesús Calleja e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou os escenarios da rodaxe do programa «Volando voy» para coñecer de cerca o traballo de promoción audiovisual da Ribeira Sacra que están a elaborar o presentador Jesús Calleja e seu equipo técnico durante as xornada de rodaxe do programa, que ten lugar no Canón do Sil e outras localizacións das provincias de Ourense e Lugo.

A Deputación de Ourense fixo posible coas súas xestións que a Ribeira Sacra, enclave que o goberno provincial impulsa para acadar o recoñecemento de «Patrimonio da Humanidade» por parte da Unesco, sexa a protagonista da nova tempada do programa «Volando voy», «co que iso significa de promoción da «marca Ourense», explica Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense remarca que estar presentes en proxectos mediáticos tan importantes e de tanto alcance «permite abrir unha fiestra ao mundo para amosar a provincia de Ourense, favorecendo así o incremento de turistas, algo que se verá acentuado en grande medida coa chegada do AVE e no que xa estamos a traballar preparando iniciativas que potenciarán a promoción da nosa provincia tanto nacional como internacionalmente».

También te podría gustar...