A Produción da denominación de orixe Valdeorras obtivo no 2014 un valor económico de preto de 18 millóns de euros

  • Esta cifra correspóndese con máis de 3,3 millóns de litros de viño cualificado na última vendima
  • O executivo galego investiu no último ano 2,2 millóns de euros en axudas para a promoción de produtos de calidade diferenciada e 5,5 millóns para a internacionalización dos viños galegos

Na vendima de 2014 a denominación de orixe vitivinícola Valdeorras, produciu máis de 3,3 millóns de litros de viño cualificado, cun valor económico estimado de preto de 18 millóns de euros. Así o destacou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante a inauguración da XVIII Feira do Viño de Valdeorras, no Barco de Valdeorras, onde estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

image_gallery

A conselleira sinalou que son cifras “das que presumir”, pero incidiu en que “do que verdadeiramente debemos sentirnos orgullosos é das persoas que seguen traballando nesta terra»

A conselleira sinalou que son cifras “das que presumir”, pero incidiu en que “do que verdadeiramente debemos sentirnos orgullosos é das persoas que seguen traballando nesta terra, nesta comarca para, día a día, vixiar as viñas, evitar as súas enfermidades e coidalas”. A Denominación de Orixe Valdeorras conta na actualidade cun total de 1470 viticultores e máis de 40 industrias traballando nos concellos do Barco, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. Durante os últimos anos, a exportación dos produtos desta D.O. aumentaron máis dun 67%.

Rosa Quintana tamén destacou o apoio da Xunta á promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada no mercado europeo. Así, dixo que as axudas aprobadas o pasado mes de maio con este fin terán un importe de 2,2 millóns de euros. Do mesmo modo, lembrou que a cifra destinada á promoción, funcionamento e control das denominacións de orixe ascende a 12 millóns na última década. En palabras da titular de Medio Rural e Mar, a internacionalización “é un obxectivo que compartimos os viticultores e a Xunta de Galicia”, e patentouse nunha inversión de 5,5 millóns de euros durante este último exercicio.

Cara ao final do seu relatorio, a conselleira felicitou á adega Quinta da Peza, galardoada recentemente na cata dos viños de Galicia polo mellor tinto. Tamén tivo palabras de agradecemento para as adegas Hacienda Ucediños, Godeval e A Coroa recibiron nese mesmo certame o Acio de Ouro, Prata e Bronce, respectivamente.

También te podría gustar...